06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

se transmuta en imaxes poéticas. Federico poetiza o río Sil, río escenario da

infancia de Ernesto, ó que García Lorca chamaba Ernesto do Sil, segundo

me confesou na miña entrevista.

De novo, parte dunha materia preexistente (Federico recorrera as ribeiras

do Sil), pero o poeta precisaba unha inspiración para plasmar a súa experiencia

poética e atópaa no río de Ernesto.

O poeta convoca ós mozos loiros do monte e do val e a escura xente do

cume e do val, para estar presentes na traxedia. O poema describe esa

traxedia, pero está prateado por esa sombra-luz, que nace do subconsciente

do poeta, e pode personificar a morte do amor adolescente.

Os símbolos lorquianos son evidentes. A auga, a lúa (coa súa presencia

malévola); as camelias de soma pódennos lembrar a morte, pero tamén

poden significar un símbolo floral no amor homosexual; bois de ágoa, os

albres do Sil sobre a verde lúa son motivos reiterativos que adquiren sentido,

entendendo estes poemas coma un pórtico amoroso.

García Lorca viaxa a Buenos Aires e de aí vai sacar a materia para o poema

«Cantiga do neno»: o «tempo» dos poemas aínda non estaba rematado.

O poeta, maxistral e intuitivamente, capta o mundo do emigrante, perdido

na grande urbe de Buenos Aires. E aí queda poetizado para sempre

Ramón de Sismundi, sentindo a muiñeira d’ágoa, e indo bater co bermello

muro de lama. O poeta, na dorna amorosa dos poemas, séntese emigrante

galego, porque, non o dubidamos, este poema está dedicado a Ernesto, o

Ramón de Sismundi. Guerra da Cal díxonos, na nosa conversa de Londres,

que foi el quen lle proporcionou o topónimo Sismundi e que o animou a

tratar o tema da emigración, como un grande tema galego 259 .

As raíces das metáforas lorquianas toman zume no subconsciente do

poeta, para ser libres na expresión poética. E volven saír os mesmos símbolos,

con claras connotacións oníricas: a lúa, coa súa multivalencia semántica,

xogando coas sombras que proxecta o aparente real, a auga (coñecido

símbolo erótico), o cabalo (forza vital, en clara relación co home), as ás

(lembremos que Zeus se converteu nun ser alado -Aguia- cando se namorou

do mozo Ganimedes e, voando, levouno para o Olimpo).

Neste terceiro e final bloque imos referirnos a «Romaxe» e «Canzón».

Estes dous poemas, aparentemente, quedarían fóra dun poemario amoroso.

Pero, vistos cun sentido unitario, forman tamén parte da arquitectura

259

Tamén nos confesou outros detalles daquela colaboración lingüística: por exemplo,

García Lorca empregou o castelanismo sauce, na vez de «salgueiro», que lle ofrecía Ernesto, porque

non lle gustaba esta última palabra.

209

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!