06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

la Vega, Luis de Góngora, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Pedro

Salinas, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Vicente Aleixandre, Blas de Otero) e

para proxectos teatrais (Alberti, Margarita Xirgu, Valle-Inclán –en Romance

de lobos, con ambientación musical dos Coros galegos de Buenos Aires– e

cine, como xa dixemos; lembremos as Sonatas de Estío e Otoño de Valle,

dirixidas por J. A. Bardem).

O Instituto Cultural Argentino de Música Hispánica Manuel de Falla así

llo recoñecía, ó outorgarlle, no outono de 1995 e co auspicio da Oficina

Cultural da Embaixada de España en Buenos Aires, o Premio Manuel de Falla

1995, á traxectoria musical española, no apartado de compositor.

Os emigrantes galegos recordarano, sen dúbida, como director das súas

corais, desde as que coñeceu a Castelao, como el mesmo me confesou, pois

o rianxeiro tiña en grande estima esta manifestación musical.

De ter existido un cine galego, aquí teriamos un excelente compositor,

quedando os seus primeiros empeños tan só nalgunha colaboración con

Xosé Suárez. Maior mérito ten a súa música, para canto e piano, sobre textos

da nosa poesía: Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro...

Non quixeramos rematar este apartado sen dicir algo máis sobre o seu

Macías. É unha páxina musical lírica e figurativa de Galicia, que interpreta

ás súas xentes: costumes, lingua, crenzas, sentimentos. E escolleu para iso

a un xograr galego do século XIV, que inspirou a poetas como Juan de Mena,

Marqués de Santillana, Lope de Vega ou Mariano José de Larra. Personaxe

que viviu intensamente o amor e a morte, tema central tamén na obra de

García Lorca.

O pobo galego adquire un lugar protagónico nesta cantata. Catro coros

evocan a ausencia de Macías, con temas das catro estacións e música popular

galega:

- A primavera, con cantos de Maio.

- O verán, con cantos de sega.

- O outono, con cantigas de espadela.

- O inverno, con cantos de Nadal.

A obra está tamén estructurada en tempos musicais moi ben definidos.

Ábrese desenvolvendo un motivo básico: saudade e amor. Segue un tempo

tírico -o amencer-, outro dramático -o mediodía-, o tempo tráxico -o solpor-,

rematando cunha coda e pranto: o triunfo do amor.

Sobre un texto barroquizante de Otero Pedrayo, fortemente suxestivo,

Maiztegui Pereiro establece unha alianza entre os niveis literario, figurativo

e musical, coa axuda dos Coros, que van beber nas fontes da auga sempre

361

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!