14.08.2015 Views

nayagua

a6b5fddf520e98cfcdeb42a0ea7b03b9

a6b5fddf520e98cfcdeb42a0ea7b03b9

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Todas sentadas nas súas cadeiriñas.No colexio privado dos altos murostodas e cada unha das nenas visten exacto:xersei da color da noite, colo en pico e puños brancos,a mesma blusa lisa regulamentar multiplicada,todas pernas enfundadas en medias que se repiten,sorrisos dados en serie, siluetas a ciclostilo.A UniónEuropea comprende vinte e sete estados membros,unidos libremente baixo un paraugas supranacional.As nenas da mesma idade nos seus pupitres tan brancos,son rebentos nunha grilanda, rostros dun mesmo son.Entre o aceiro e o carbón encontrou a súa semente.Elimínanse as fronteiras. Unha moeda común.Doce collidas pola man bailan a corro ridentes.Os zapatiños, de lonxe, pequena orgullosa flota.Cando o foco se aproxima, uns brillan, outros non.71As paredes escoitan con idénticos andeis pintados.Hai un punteiro afiado que pasa lista ó esguello.Lazo de raso, calcetín furado,cadea de prata, plástico azul.A UE fomenta a cooperación entre todos os pobos de Europapromovendo tal unión dentro do respecto á súa diversidadee facendo fronte aos retosda globalización.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!