14.08.2015 Views

nayagua

a6b5fddf520e98cfcdeb42a0ea7b03b9

a6b5fddf520e98cfcdeb42a0ea7b03b9

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Vai un día precioso.E que ben fixemos vir ata aquí, o parquetanto mete a pata como brilla, o mesmo ca un adolescente.Ti estás repenicante co teu vestido amarelo;no fondo da fonte hai un mar embalsamado e, ves?os pardais tamén quixeron esquecer os nomes das cousas.Ó fondo, o monte abraza a ideoloxía da primavera.A nai daquel pequeno pronuncia abrígate coma un mantra.Temos pan e cirolas, e algúns mp3,non che divirte observar ás persoas e imaxinarlles historias rocambolescas?Pídesme entón que che saque unha foto,pero non te conformas cunha pedra guindada contra o estanque.A ver, meu amor: eu mido un oitenta e catro,os meus ollos han estar dez centímetros por baixo diso,como queres, dende aquí, que encadre o verde e a montaña,a fonte coa pequena estatua ecuestre alí no alto,a rolada de sociables azaleas de diante e mais a ti,todos felices no mesmo paralelogramo.73Non é certo que esta luz de mediodía de sábado teña dous pés esquerdos.O bastón dun vello cruza o camiño coma se fose os cornos dun caracol.Estás empezando a torcer o bico. A ver.Ponte alá diante da fonte, pégate ben ó seu bordo lambido,se non saen os teus zapatos novos pode que nunca te recoñezamos.Vou facer o posible,póñome en fronte aquí de pé, eu midoun oitenta e catro. Levanto os brazos coa cámara ós ollos. Pero non.O doado da transparencia anda decidíndose a facer dieta.Se saco a estatua e mais o monte, as flores e ti quedades fóra,ou se queres un retrato, hai que renunciar a esa paisaxe.Meu amor, vai un día precioso,todos os recantos do parque están entoando unha balada.Vai mirando de meterte todo isto na cabezaque eu vou intentar mercar por aquí preto dous xeados.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!