31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

147 cistostomía

cistoenterocele s.f. Protrusión herniaria de partes da

vexiga e do intestino.

cistoepiplocele s.f. Hernia que contén partes da vexiga e

do epíploon.

cistoepitelioma s.m. Tumor que contén elementos quísticos

e epiteliomatosos.

cistofibroma s.m. Fibroma con cavidades quísticas.

cistofotografía s.f. Fotografía do interior da vexiga.

cistografía s.f. Radiografía da vexiga despois da inxección

intravenosa dunha solución opaca que é eliminada

pola urina. // C. anterógrada. Radiografía das vías urinarias

despois de inxectar medio de contraste na vexiga.

cistohipersarcose s.f. Engrosamento da capa muscular

da vexiga.

cistohisteropexia s.f. Fixación da vexiga e do útero á

parede abdominal.

cistoide adx. 1. Semellante a un quiste. // s.m. 2. Tumoración

de forma quística, de materia branda, sen cápsula.

cistolipoma s.m. Lipoma enquistado.

cistolitectomía s.f. Extracción dun cálculo da vexiga.

cistolitíase s.f. Vesicolitíase, desenvolvemento de

cálculos na vexiga.

cistólito s.m. Cálculo da vexiga.

cistoluteína s.f. Pigmento amarelo dos quistes do ovario.

cistoma s.m. Neoformación que contén quistes, tumor

quístico.

cistomanometría s.f. Medición da presión intravesical

mentres se enche e baleira a cavidade.

cistomerocele s.f. Cistocele crural ou femoral.

cistometría s.f. Cistometrografía, método para medi-la

relación presión/volume da vexiga.

cistómetro s.m. Instrumento para estudia-la función da

vexiga medindo a capacidade, presión intravesical e

urina residual.

cistometrograma s.f. Rexistro gráfico da presión intravesical.

cistomioma s.m. Mioma que sufriu dexeneración quística.

cistomixoadenoma s.m. Adenoma con quistes ou focos

de tipo quístico asociados con cambios mixomatosos no

estroma.

cistomixoma s.m. Mixoma que sufriu dexeneración quística.

cistomorfo-a adx. Semellante a un quiste ou a unha

vexiga.

cistonefrose s.f. Dilatación quística do ril.

cistoneuralxia s.f. Neuralxia da vexiga, cistalxia.

cistoparálise s.f. Cistoplexía.

cistopatía s.f. Afección da vexiga urinaria.

cistopexia s.f. Ventrocistorrafia, vesicofixación, unión

cirúrxica da vexiga urinaria, da vesícula biliar ou dunha

cistocele á parede abdominal ou a outras estructuras de

soporte.

cistopielite s.f. Cistite complicada de pielite.

cistopielografía s.f. Radiografía da vexiga urinaria e da

pelve renal.

cistoplastia s.f. Cirurxía plástica da vexiga.

cistoplexía s.f. Cistoparálise, parálise da vexiga urinaria.

cistoproctostomía s.f. Cistorrectostomía.

cistoptose s.f. Prolapso dunha porción da mucosa da

vexiga na uretra.

cistorradiografía s.f. Cistografía.

cistorrafia s.f. Sutura dunha ferida ou dun defecto da

vexiga.

cistorraxia s.f. Hemorraxia da vexiga.

cistorrea s.f. Catarro crónico da vexiga.

cistorrectostomía s.f. Formación cirúrxica dunha comunicación

entre o recto e a vexiga. Tamén se di vesicorrectostomía.

cistosarcoma s.m. 1. Sarcoma onde se formaron cavidades

quísticas. 2. Cistadenoma de estroma sarcomatoso.

// C. filoide. Tumor da mama, xeralmente benigno, orixinado

pola proliferación nodular de tecido fibroadenomatoso,

crece lentamente sobre un adenoma preexistente, e

ás veces dá metástases como un sarcoma.

cistoscopia s.f. Exame do interior da vexiga urinaria co

cistoscopio. //. C. acuosa Citoscopia na que se emprega

auga para distende-la vexiga // C. aérea Citoscopia na

que se emprega aire.

cistoscopio s.m. Endoscopio para examina-lo interior da

vexiga e realizar tomas diagnósticas de urina ou tecido.

Tódolos cistoscopios modernos, ademais de sistema

óptico e de iluminación, posúen dispositivos para a unión

de catéteres para o cateterismo por separado dos uréteres,

a toma de mostras de urina de cada uréter e a utilización

dun sacabocados a fin de obter fragmentos de tecido para

biopsia, ou de culleriñas para a resección endoscópica de

lesións vesicais.

cistosigmoidoplastia s.f. Operación que consiste en

abocar unha vexiga atrofiada a unha porción do

sigmoide, para aumenta-la capacidade daquela.

cistospasmo s.m. Contracción espasmódica anormal da

vexiga urinaria.

cistosquise s.f. Fisura da vexiga.

cistostaxe s.f. Cististaxe.

cistosteatoma s.m. Quiste sebáceo.

cistostomía s.f. Formación dunha abertura ou fístula na

vexiga urinaria.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!