31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

sonografía 726

-lo esgotamento do sistema nervioso en particular e do

organismo en xeral, de xeito que durante este estado o

organismo recupérase da fatiga. Por electroencefalografía

poden detectarse unhas fases de sono lento caracterizado

por un retardo e sincronización de ondas, e

unhas fases de sono rápido ou paradoxal (REM) na que

existe unha desincronización do trazado con ondas

rápidas, hipotonía muscular, movemento rápido dos

ollos, etc. 2. Gana ou desexo de durmir. // Cura de s.

Inducción ó sono por medio da administración de hipnóticos

con fins terapéuticos. / S. eléctrico Perda do movemento

voluntario e estado de anestesia xeral causada pola

aplicación dunha corrente eléctrica rapidamente interrompida.

/ Enfermidade do s. V. enfermidade. / S.

paroxístico Narcolepsia.

sonografía s.f. V. ecografía.

soño s.m. Representación de imaxes ou sucesos durante o

sono. En canto ó seu contido, na psicanálise diferénciase

o contido manifesto e o contido latente do sono. O

primeiro é consecuencia do traballo do sono e refírese a

imaxes, ideas e sucesos do sono na forma en que son

evocados polo soñante ó contalo. O contido latente está

formado polos desexos reprimidos e inclúe o conxunto de

significados que se revelan a través da análise do contido

manifesto do sono. // S. en vixilia dirixido Método

psicoterapéutico de R. Desoille que consiste na interpretación

das fantasías que xorden a partir de imaxes ou

temas sacados polo terapeuta.

sopor s.m. Sono profundo, letarxia.

soporífero-a adx. Que induce ó sono ou sopor.

soporte s.m. Sostén, aparello ou instrumento que suxeita.

sopro s.m. Ruído suave que se percibe por auscultación,

semellante ó ruído emitido cando se expulsa aire ou

cando pasa unha columna de líquido por un conducto

estreito. // S. accidental O causado por unha circunstancia

transitoria. / S. anémico Sopro cardíaco ou

vascular debido á falta de glóbulos vermellos. / S. anfórico

Ruído que resulta da transmisión do sopro tubárico

a través dun pneumotórax ou caverna pulmonar, semellante

ó que se produce soprando enriba do colo aberto

dunha botella. / S. aórtico Sopro que indica unha lesión

das válvulas aórticas. / S. bronquial O que se ausculta

sobre os bronquios, tanto na inspiración como na expiración.

/ S. cardíaco Sopro agregado que se escoita sobre a

rexión cardíaca. / S. cardiopulmonar Sopro causado

polo choque do corazón contra o tecido pulmonar. / S.

cavernoso Ruído de tonalidade grave e timbre característico

de algo oco producido durante a respiración polo

paso de aire a través dunha cavidade pulmonar patolóxica

que actúa como resoador. / S. crecente Sopro que se

observa na estenose mitral, caracterizado polo aumento

progresivo do seu timbre. / S. de Austin Flint Sopro

diastólico que se presenta na insuficiencia aórtica. Tamén

se di sopro de Flint. / S. de Drummond Sopro que se

percibe na traquea nos casos de aneurisma aórtico,

debido ós movementos deste. / S. de Duroziez Sopro

vascular dobre percibido na arteria femoral nos casos de

insuficiencia da válvula aórtica. / S. de Graham-Steell

Sopro causado pola insuficiencia pulmonar relativa

percibido durante a diástole no III espacio intercostal

esquerdo, e que se propaga ó longo do esterno. / S. de

Parrot Sopro suave que se escoita na asistolia en vez do

ton cardíaco. / S. diastólico Sopro correspondente á diástole

cardíaca, que despois do II ruído indica insuficiencia

sigmoide ou unha estenose mitral ou tricúspide. / S. fetal

Sopro que depende da circulación do feto, e é isocrónico

cos seus latexos cardíacos. / S. funcional Sopro cardíaco

producido por anemia ou por unha frecuencia cardíaca

rápida. / S. mitral ou tricúspide Sopro causado por

lesión das válvulas mitral ou tricúspide, respectivamente.

/ S. orgánico Sopro debido a unha alteración orgánica do

corazón ou dos vasos. / S. placentario ou materno O

causado polo paso de sangue pola placenta, que é

isocrono co pulso da nai. / S. pulmonar O debido a unha

afección das válvulas pulmonares. / S. sistólico Sopro

correspondente á sístole cardíaca, que indica unha insuficiencia

mitral ou tricúspide. / S. tubárico ou bronquial

Sopro que se produce en toda a árbore bronquial, pero

que só se percibe nas alteracións do pulmón ou pleura:

pneumonía, derramo pleural, etc. / S. uterino Ruído que

produce o sangue nas arterias do útero gravídico. / S.

vascular Ruído anormal producido nun vaso sanguíneo

por alteración do vaso ou do sangue. / S. venoso Sopro

suave, continuo, non sistólico coma o arterial, que se

percibe auscultando unha vea grosa. / S. vesicular

Murmurio vesicular.

sorbefaciente adx. Que promove a absorción.

sorbitol s.m. Substancia de sabor doce, empregada como

laxante e como diurético.

sordes s.f. (lat.) Substancia escura e sucia que se acumula

sobre os beizos e os dentes nalgunhas enfermidades

febrís graves, coma o tifo, e que consiste nunha mestura

de alimentos, restos epiteliais e microorganismos.

soro s.m. Parte clara dun líquido orgánico: sangue, leite,

linfa, etc., despois da coagulación do mesmo. O soro

sanguíneo é unha solución acuosa moi rica en albumina,

compostos nitroxenados (urea, aminoácidos, ácido úrico,

creatinina) e diversos ións minerais. Ademais contén

outras substancias, en especial enzimas e hormonas. A

análise cuantitativa dalgúns compoñentes do soro constitúe

un elemento de diagnóstico e é o obxecto de estudio

da seroloxía. En terapéutica non adoita usarse o soro

sanguíneo, pero si os chamados soros salinos. // Enfermidade

do s. Reacción patolóxica orixinada por usar

soros terapéuticos ricos en albumina. / Enfermidade do

s. activo Soro que posúe complemento. / S. anti-RH

Soro que contén anticorpos do factor RH, que se emprega

en clínica para identifica-los individuos que posúen

factor RH positivo. / S. antitetánico Soro específico

obtido de animais sans inmunizados coa toxina do Clostridium

tetani. / S. artificial Solución salina que se

inxecta, sobre todo por vía venosa. A máis común é a

solución acuosa de cloruro de sodio. V. solución salina.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!