31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

455 manómetro

manganesismo s.m. Intoxicación crónica producida

xeralmente en mineiros por inhalación de po con manganeso

ou sales do mesmo. Afecta esencialmente ó sistema

nervioso, producindo unha síndrome de tipo encefalítica,

síndrome parkinsoniana, psicose e tamén afectación

pulmonar de tipo pneumoconiótica, aparecendo clínica

de astenia, tremor, hipotonía ou parálise, anorexia, apatía,

cefalea, impotencia, cambras nas pernas e alteracións da

linguaxe.

manganeso s.m. Metal pertencente ó grupo dos metais de

transición, que presenta algunhas analoxías co ferro e se

utiliza frecuentemente na formación de aliaxes. O seu

número atómico é 25, a masa atómica 54,938 e o símbolo

Mn.

mango s.m. 1. Parte máis ou menos alongada e estreita

pola que se collen coa man as ferramentas ou aparellos.

2. Estructura ósea que semella o mango dunha ferramenta.

3. Árbore da familia das anacardiáceas, orixinaria

da India (Mangifera indica), cultivado en África e

América tropical, productor de froitos de igual nome que

posúen propiedades astrinxentes. // M. do esterno

Porción superior ou primeira das tres que posúe este óso.

Articúlase por abaixo coa segunda porción (corpo) e lateralmente

coa clavícula e a primeira costela. / M. do

martelo Porción inferior do primeiro dos osiños da cadea

do oído medio. No oído normal pódese ver a través da

membrana timpánica.

manguiño s.m. Estructura que rodea unha parte ó xeito

dunha manga. // M. dos músculos rotadores Conxunto

muscular da articulación do ombreiro formado polos

músculos supraespiñoso, infraespiñoso, redondo menor e

subescapular. Suxeitan firmemente a cabeza do úmero

dentro da articulación glenoumeral durante a realización

de movementos coa mesma, especialmente durante a

primeira fase da abducción.

manía s.f. 1. Fase dos trastornos bipolares caracterizada

por unha grande excitación psicomotriz, euforia, hiperactividade,

verborrea, fuga de ideas, ideas delirantes

congruentes (como delirios de grandeza) e ás veces alucinacións.

2. Tendencias, conductas ou ideas persistentes

patolóxicas e irreductibles.

-manía Sufixo do gr. manía (loucura), utilizada na formación

de palabras que se refiren a unha acción extravagante

ou a unha idea fixa.

maniacodepresivo -a adx. Doente que padece unha

psicose maníaco-depresiva ou trastorno bipolar.

manicomio s.m. Hospital ou residencia para enfermos

mentais.

manierismo s.m. Alteración motora que aparece principalmente

nos enfermos de esquizofrenia, caracterizada

pola realización de movementos superficiais e inútiles

que dificultan a execución dos actos motores ordinarios.

maniluvio s.m. Procedemento terapéutico para as

doenzas das mans, principalmente das cutáneas, que

utiliza o baño ou o lavado das mesmas con diversas substancias

tratantes.

manipulación s.f. Operación realizada coas mans ou con

calquera instrumento.

manitol s.m. Alcohol hexatómico que se atopa en numerosos

vexetais, especialmente no maná de freixo

(Fraxinus ornus). Obtense tamén mediante a reducción

da fructosa ou da manosa. Posúe propiedades laxantes e

diuréticas osmóticas. O D-manitol utilízase en solución

hipertónica perfundida para aumenta-la presión osmótica

e regula-la retención hidrosalina. A medición do “aclaramento

de manitol” emprégase para explora-la función

glomerular.

manobra s.f. Operación ou serie de movementos manuais

regulamentados realizados cun fin concreto. // M. de

Amussat Realización dunha micción contra o meato

pechado, liberándoo de súpeto posteriormente, coa finalidade

de que a corrente brusca producida poida arrastrar

un corpo estraño localizado na uretra. / M. de Bragard

Flexión dorsal do pé realizada coa perna estendida, que

provocará dor no caso de que exista unha neurite ou unha

neuralxia do nervio ciático. / M. de Credé Parto realizado

mediante a presión manual no útero. / M. de Heimlich

Manobra de compresión abdominal brusca realizada

coa finalidade de expulsar un corpo estraño que obstrúa a

vía aérea. A súa realización varía dependendo do estado

de consciencia ou inconsciencia ou da idade do suxeito. /

M. de Nägeli Elevación da cabeza do paciente realizada

cunha man colocada debaixo do occipicio e a outra no

maxilar inferior coa finalidade de cohibir unha epistaxe.

/ M. de Schober Manobra realizada para explora-la flexibilidade

da columna lumbar. Co paciente de pé e cos

talóns xuntos, efectúanse marcas sobre a columna, cinco

centímetros por debaixo e dez por encima da unión

lumbosacra. Posteriormente o paciente inclínase cara a

diante o máximo que poda, sen flexiona-los xeonllos,

medíndose entón a distancia entre as dúas marcas. Cando

a flexibilidade da columna lumbar é normal, a distancia

aumenta cinco ou máis centímetros. Se a mobilidade da

columna está diminuída, esta distancia é menor de catro

centímetros. / M. de Strauss Extensión do pulso contra a

resistencia que lle opón a man do explorador. Comparando

a forza existente en cada man pódese avalia-la

debilidade muscular dun lado parésico. / M. de Toynbee

Realización dunha deglutición coas ventás nasais

pechadas; se a trompa de Eustaquio é permeable, a

membrana timpánica desprázase cara a dentro. / M. de

Valsalva 1. Realización dunha expiración forzada

mantendo a glote pechada. O aumento que se produce na

presión intratorácica interfire no retorno sanguíneo cara ó

corazón. 2. Realización dunha expiración forzada contra

as ventás nasais e a boca pechadas; o aumento da presión

na trompa de Eustaquio e no oído medio despraza a

membrana timpánica cara a fóra.

manómetro s.m. Aparello destinado a medi-la presión

dos gases ou dos líquidos contidos nun espacio pechado.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!