31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

537 orquioterapia

orgánulo s.m. Órgano terminal de receptores sensoriais,

como as papilas táctiles ou gustativas.

orgasmo s.m. Punto máximo de excitación sexual, que se

acompaña de pracer.

orgo s.m. 1. Croque, vulto producido por un golpe na

cabeza. // s.m.pl. 2. Ganglios inflamados. // Ter orgos.

Ter bocio.

orientación s.f. 1. Determinación do lugar que se ocupa

respecto ós obxectos próximos. 2. Función da conciencia

mediante a cal a persoa ten noción da súa propia personalidade,

do propio corpo ou do tempo e do espacio nos

que se atopa.

orificación s.f. Obturación da carie dental con ouro.

orificador s.m. Instrumento empregado na orificación.

orificio s.m. Abertura de entrada ou saída dunha cavidade

do corpo. Tamén se di meato. // O. aórtico Hiato aórtico

do diafragma. / O. auriculoventricular Comunicación

da aurícula co ventrículo correspondente. / O. cardial

Abertura que comunica o esófago co estómago. / O.

herniario Abertura natural da parede dunha cavidade do

corpo que permite a saída das vísceras contidas nela.

orinoterapia s.f. Cura de altitude.

orixe s.f. 1. Principio, procedencia dunha cousa. 2. Causa

de que se produza un feito. // O. aparente Punto polo que

un nervio cranial ou raquídeo emerxe da superficie do

sistema nervioso central. / O. profunda Orixe real. / O.

real Nacemento verdadeiro das fibras nerviosas que

constitúen un nervio cranial ou raquídeo na substancia

nerviosa. / O. superficial Orixe aparente.

orizó s.m. Furuncho da pálpebra que se forma a partir

dalgunhas glándulas sebáceas anexas a unha pestana.

Pode ser externo, se lle afecta a unha glándula de Zeiss,

ou interno, se lle afecta a unha glándula de Meibonio.

Ornithodorus Xénero de carrachos, que comprende

algunhas especies parasitas do home e dos animais

domésticos, transmisoras de varias formas de febres

recorrentes. A O. moubata, de África do Sur, transmite a

Borrelia duttoni, axente da febre dos carrachos.

ornitina s.f. Ácido diaminovaleriánico, aminoácido non

esencial que forma parte do ciclo da urea, producto da

escisión hidrolítica da arxinina catalizada pola arxinase.

ornitose s.f. Zoonose que afecta a diversas aves e que se

caracteriza por presentar un cadro infeccioso respiratorio

e sistémico. Débese á infección por bacterias da especie

Chlamydia psittaci. No home e nas aves psitácidas coñécese

como psitacose.

oro- 1. Prefixo do latín, boca. 2. Prefixo do grego,

montaña.

oroanal adx. Relativo á boca e ó ano, ou que se propaga

dun ó outro.

orofarinxe s.f. 1. Farinxe propiamente dita. 2. Boca e

farinxe consideradas coma unha soa cavidade.

orolingual adx. Relativo ou pertencente á boca e á lingua.

oronasal adx. Relativo ou pertencente á boca e ó nariz.

oronose s.f. Mal das montañas. Tamén se di oropatía.

oropatía s.f. Oronose.

oroterapia s.f. 1. Orinoterapia. 2. Orroterapia.

orótico (ácido) s.m. Composto orgánico intermediario

no proceso de síntese das piramidinas, constituínte dos

ácidos nucleicos. Acumúlase no sangue e aparece na

urina de pacientes afectos de aciduria orótica.

oroticoaciduria s.f. Trastorno conxénito do metabolismo

das pirimidinas, caracterizado por anemia hipercrómica,

leucopenia, monocitose, megaloblastose e eliminación

urinaria aumentada de ácido orótico en forma de cristais

que poden producir obstrucción uretral.

orqui- ou orquio- Prefixos do grego, testículo.

orquialxia s.f. Neuralxia ou dor testicular. Tamén se di

orquidalxia, orquidinia.

orquicatabase s.f. Descenso normal do testículo.

orquicele s.f. 1. Hernia escrotal. 2. Protrusión herniaria

do testículo. 3. Tumor do testículo.

órquico-a adx. Relativo ou que ocorre nos testículos.

orquicorea s.f. Corea testicular.

orquidalxia s.f. Orquialxia.

orquidectomía s.f. Orquiectomía.

orquidinia s.f. Orquialxia.

orquidocelioplastia s.f. Transplante dun testículo non

descendido á cavidade abdominal.

orquiectomía ou orquectomía s.f. Extirpación cirúrxica

dos testículos. Tamén se di orquidectomía.

orquiepididimite s.f. Inflamación do testículo e o epidídimo.

orquilítico-a adx. Que destrúe o tecido testicular.

orquionco s.m. Tumor do testículo.

orquioneuralxia s.f. Neuralxia testicular, orquialxia.

orquiopatía s.f. Afección testicular.

orquiopexia s.f. Fixación dun testículo ectópico no

escroto.

orquioplastia s.f. Cirurxía plástica dos testículos.

orquioptose s.f. Caída do testículo por relaxación

escrotal con desenvolvemento dunha varicocele.

orquiorrafia s.f. Fixación por sutura do testículo ós

tecidos próximos.

orquioscirro s.m. Endurecemento do testículo.

orquiosclerose s.f. Esclerose do testículo.

orquiosqueocele s.f. Tumor escrotal con hernia escrotal.

orquioterapia s.f. Opoterapia testicular.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!