31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

713 síndrome

trombose. / S. de Marfan Conxunto de malformacións

conxénitas e hereditarias de forma autosómica dominante,

causadas por alteracións embriolóxicas dos tecidos

ectomesodérmicos. Esta distrofia hereditaria do tecido

conxuntivo caracterízase por anomalías do crecemento

das extremidades, con delgadeza e excesiva lonxitude,

espiña bífida, cifoescoliose, luxación de cadeira, polidactilia,

cardiopatías conxénitas, etc. / S. de Marie Acromegalia.

/ S. de Marie-Foix Síndrome de Weber acompañada

de signos cerebelosos homolaterais. / S. de Markus

V. s. de Adie. / S. de Martorel Síndrome caracterizada

por asociación de úlceras isquémicas das pernas con

hipertensión arterial maligna. / S. de Melkerson

Síndrome caracterizada pola coexistencia de parálise

facial periférica recidivante con edema facial en beizos e

lingua, de tipo escrotal. Asóciase ás veces con craniofarinxioma

e megacolon. / S. de Mendelson Síndrome

caracterizada por pneumonía por aspiración do contido

gástrico. / S. de Ménière Síndrome que se caracteriza por

vertixe, hipoacusia e acúfenos. Tamén se di vertixe de

Menière. / S. de Mikulicz Síndrome caracterizada por

engrosamento da glándula parotidiana e lagrimal, o que

orixina sequidade da boca e ausencia de bágoas. Esta

síndrome obsérvase en leucemias, sarcoidose, enfermidade

de Hodgkin e tuberculose. / S. de Milkman Forma

de osteomalacía caracterizada pola presencia de liñas

laterais e simétricas de absorción, que indican pseudofracturas

en ósos longos hipocalcificados. / S. de

Millard-Gubler Obsérvase nos casos de lesións protuberanciais,

e consiste en parálise alterna con hemiplexía

contralateral, na que se pode afectar tamén o VII par

cranial, dando lugar a unha parálise facial periférica no

mesmo lado da lesión. / S. de Milles Síndrome caracterizada

por unha anxiomatose oculocutánea con anxioma

coroide e trastornos neurolóxicos. / S. de Moebius ou

Möbius Acinesia álxera. / S. de Monakov Síndrome

caracterizada por hemiplexía do lado oposto á lesión, na

obstrucción da arteria coroide anterior, acompañado de

hemianestesia e heminopía. / S. de Morgagni Síndrome

caracterizada por unha hiperostose frontal interna, virilismo

e obesidade. / S. de Morquio Osteocondrodistrofia

deformante. Tamén se di mucopolisacaridose IV. / S. de

Müller Síndrome caracterizada por accidentes vasculares

que se presentan precozmente no curso de lipidemias

esenciais familiares, e no de xantomatoses. / S. de

Münchhausen Síndrome característica de certas persoas

que solicitan ser tratadas en hospitais, alegando sufrir

unha enfermidade da cal ofrecen unha historia coherente

pero falsa. / S. de Munk Nefrose lipoide. / S. de Naegeli

Síndrome caracterizada por trombopatía familiar con

hemorraxias espontáneas, o tempo de sangrado aumentado

e fraxilidade capilar. / S. de Naffziger Síndrome do

escaleno anterior que se manifesta por unha síndrome de

Raynaud do membro superior por compresión da arteria

subclavia e do plexo braquial. / S. de Negro Síndrome

caracterizada por unha miastenia de causa periférica

xeralmente debida á difteria. / S. de Neumann Pénfigo

crónico vexetante. / S. de Nevin Miopatía progresiva

tardía do adulto. / S. de Nielsen Síndrome hipoadrenalémica

con profunda debilidade e atrofia muscular e fasciculacións,

que aparece tras unha actividade física intensa.

/ S. de Nonne-Marie Ataxia cerebelosa hereditaria. / S.

de Nooman Síndrome caracterizada por unha asociación

de estatura baixa con colo curto, orellas prominentes e de

implantación baixa e disxenesia gonadal. Tamén se di

síndrome de Turner masculina. / S. de Ondina

Síndrome caracterizada por unha alteración do control

automático da respiración cando dorme o paciente. / S.

de Opalski Síndrome de Wallenberg, que determina

ademais unha hemiplexía homolateral por afectación da

vía piramidal xa cruzada. / S. de Oppenheim Síndrome

das bágoas de crocodilo de Bogorad. Choradeira unilateral,

sobre todo cando se inxiren bebidas quentes. / S. de

Ortner Síndrome caracterizada por unha parálise

larínxea por compresión do nervio recorrente larínxeo. /

S. de Osler-Libman-Sacks Lupus eritematoso diseminado.

/ S. de Osler-Rendu-Weber Anxiomatose hemorráxica

familiar e hereditaria. / S. de Packard-Wechler

Síndrome caracterizada por unha insuficiencia suprarrenal

crónica do adulto, que se caracteriza por anorexia,

hipotensión, astenia, delgadeza, etc., sen alteracións

pigmentarias. / S. de Page Síndrome diencefálica acompañada

de taquicardia, hipertensión e manifestacións por

irritación dos centros simpáticos e parasimpáticos do

diencéfalo. Obsérvase en mulleres novas. / S. de Paget-

Schroetter Síndrome caracterizada por unha obstrucción

venosa do membro superior, case sempre debida a unha

compresión mecánica por causas locais das veas axilares

e subaxilares. / S. de Pancoast Síndrome que se caracteriza

por unha combinación da síndrome de Horner cun

tumor maligno no vértice pulmonar observado radiograficamente.

/ S. de Pansini Síndrome cerebelosa acompañada

de disartria, ocasionada polo paludismo. / S. de

Papillon-Lefèvre Síndrome caracterizada por unha

hiperqueratose palmar e plantar, periodontose e branqueamento

do pelo. Hérdase de forma autosómica recesiva.

/ S. de Papp Síndrome caracterizada por crises

paroxísticas de taquicardia supraventricular recidivante e

de moi curta duración. / S. de Parhon Hiperhidropisía

con infiltración dos tecidos do tronco e extremidades

inferiores en mulleres con dismenorrea e trastornos

psíquicos, debida a un trastorno de secreción da hormona

ADH. Tamén se di edema idiopático recidivante. / S. de

Parinaud Síndrome caracterizada por unha parálise dos

movementos verticais conxugados dos ollos, sen parálise

de converxencia. Obsérvase en persoas que padecen

lesión a nivel mesencefálico. / S. de Paris Acrodinia. / S.

de Parke Síndrome caracterizada por unha asociación de

acidose infantil con vómitos acetonémicos. / S. de

Parkes-Weber Síndrome caracterizada por hipertrofia

dun membro asociado a hemanxiomas, varices e aneurismas

arterio-venosos. / S. de Parkinson Síndrome

caracterizada por rixidez muscular, inmobilidade facial,

tremor de repouso, abolición dos movementos automáticos

e asociados e sialorrea. Tamén se di parálise

axitante. / S. de Parnas-Wagner Variedade de glicoxenose

hepática con clínica de diabete. / S. de Pasini

Epidermólise ampolar distrófica localizada no tronco e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!