31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

TPN 772

TPN Siglas de trifosfopiridín-nucleótido. V. nucleótido.

TPP Siglas de tiamina-pirofosfato.

TR Abreviatura de tuberculina residual.

trabécula s.f. Tabique de tecido conectivo que exerce a

función de soporte ou de separación, que se estende

desde a envoltura dun órgano parenquimatoso ó seu interior,

formando cos outros a parte esencial da estructura. //

T. carnosa ou ventricular Estructuras musculares no

interior dos ventrículos cardíacos, entre as que destaca a

trabécula septomarxinal, que une a parede do ventrículo

dereito co músculo papilar anterior. / T. ósea Prolongacións

entrecruzadas de substancia ósea que limitan as

cavidades medulares do tecido óseo esponxoso.

trabeculación s.f. Formación de trabéculas.

trabeculado-a adx. Que presenta trabéculas. Esponxoso.

tracción s.f. Acción de estirar, tirar ou atraer. // T. ambulatoria

Tracción que exerce unha vendaxe que permite a

deambulación con membros fracturados. / T. elástica A

que exerce unha corda ou elemento elástico. / T. esquelética

Aquela que se aplica directamente sobre os ósos

longos mediante cravos ou agullas de Kirschner, para

reducir fracturas. / T. ortopédica Procedemento no que o

paciente se fixa a un dispositivo mediante cordas e poleas

que exercen unha forza de tracción sobre unha extremidade.

Aplícase para reducir e inmobilizar fracturas, e

tamén para resolver espasmos musculares. / T. polo eixe

Tracción realizada ó longo dun eixe da pelve, por

exemplo a que se realiza co fórceps aplicado á cabeza do

feto. / T. rítmica da lingua Método de respiración artificial

introducido por Laborde, consistente en realizar traccións

rítmicas da lingua con pinzas ou cos dedos, que se

basea no estímulo reflexo que exerce a tracción sobre a

respiración.

trácer s.m. Isótopo radioactivo dun elemento que, introducido

no organismo, pode ser apreciado, o que permite

valora-la conducta metabólica e de distribución do

elemento natural. Tamén se di indicador, trazador.

tracoma s.m. Infección granulomatosa da conxuntiva e

da córnea, contaxiosa, producida pola Chlamydia trachomatis.

Caracterízase, na fase aguda, pola formación de

pequenas elevacións acompañadas de proído, fotofobia,

fluxo lacrimal e secreción mucopurulenta e, na fase

crónica, por atrofia, retracción cicatrizal e deformidade

das pálpebras. Tamén se di oftalmía exipcia, oftalmía

catarral epidémica. // T. de Arlt ou t. folicular Variedade

na que as granulacións son semellantes a grans de

millo miúdo cocido. / T. papilar Tracoma no que as

granulacións se deben a hipertrofia das papilas. / T.

vulvar Craurose da vulva.

tracto s.m. Conxunto de estructuras dispostas en

ringleiras, cordóns, fascículos ou vías que exercen unha

función común e organizada. // T. aferente ou ascendente

Calquera das vías nerviosas que levan os impulsos

da medula espiñal ó córtex cerebral. / T. corticonuclear

Fascículos de fibras motoras da cápsula interna, que

parten da circunvolución precentral e se dividen na protuberancia

noutros tres fascículos para os núcleos trixémino,

facial e hipogloso. / T. corticospinal lateral Fascículos

de fibras que proceden da área piramidal e que se

entrecruzan coas do lado contrario á altura do tercio inferior

do bulbo raquídeo, descendendo posteriormente polo

cordón lateral da medula debaixo do tracto espiñocerebeloso.

/ T. corticospinal ventral Fascículo de Türck. / T.

de Allen Tracto solitario formado no bulbo por fibras

sensoriais dos pares VII, IX e X. / T. de Bechterev Tracto

que relaciona o lemnisco coa oliva bulbar. / T. de

Burdach V. fascículo. / T. de Foville Fascículo cerebeloso

directo. / T. de Goll V. fascículo. / T. de Helwey

Tracto espiñoolivar. / T. descendente ou eferente Fibras

nerviosas que conducen os impulsos desde o cerebro á

medula espiñal. / T. dixestivo Tubo dixestivo. / T. espiñocerebeloso

dorsal Fascículo nervioso exterior ó fascículo

piramidal no cordón lateral da medula espiñal. / T.

espiñoolivar Pequeno grupo de fibras descendentes do

cordón anterolateral da medula, que empezan na proximidade

da oliva bulbar e pasan á medula cervical. / T.

iliotibial Parte da fascia lata que forma unha vaíña para o

músculo tensor. Tamén se di ligamento de Maissiae. / T.

olfactivo Banda olfactiva. / T. olivospinal Tracto espiñoolivar.

/ T. óptico Parte do nervio óptico que se sitúa

detrás do quiasma. / T. rubrospinal Fascículos de fibras

descendentes entre o tracto corticospinal lateral e o espiñocerebeloso

ventral. / T. tectospinal Fascículo que

descende desde os tubérculos cuadrixéminos á medula

espiñal, cruzándose a nivel do bulbo. / T. uroxenital Vías

urinarias e xenitais no seu conxunto. / T. uveal Tracto

formado polo iris, o corpo ciliar e a coroide. / T. ventral

Tracto de fibras no cordón lateral da medula espiñal,

diante do tracto espiñocerebeloso dorsal. / T. xeniculocalcarino

Radiación de Gratiolet.

tractor s.m. 1. Separador . 2. Instrumento para exercer

tracción.

trade s.m. Instrumento que se emprega para facer orificios

en substancias duras, como ósos ou dentes.

tragacanto s.m. Arbusto leguminoso do xénero Astragalus,

do que se extrae unha goma moi empregada en

farmacia como emulxente e para a fabricación de pastillas.

tragi s.m.pl. (lat.) Pelos situados na abertura do conducto

auditivo externo.

trago s.m. 1. Eminencia cartilaxinosa diante do orificio do

conducto auditivo externo. 2. Cada un dos pelos do

conducto auditivo externo.

tragofonía s.f. Egofonía.

tragomascalia s.f. Bromhidrose axilar.

tragopodia s.f. 1. Pé de cabra. 2. Genu valgum.

trama s.f. Tecido de sostén. Tamén se di estroma.

trancazo s.m. Gripe.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!