31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

201 dental

delusorio -a adx. Relativo á delusión ou a ideas delirantes.

demacración s.f. Enfraquecemento, desnutrición.

demanda s.f. En psicanálise, requirimento que se fai a un

obxecto externo distinto de si mesmo e que tende á satisfacción

da necesidade ou do desexo.

demarcación s.f. Determinación de límites ou termos.

Aplícase especialmente á liña que marca a separación

entre os tecidos en estado de necrose e os tecidos sans.

demencia s.f. Estado no que por razóns biolóxicas (envellecemento)

ou patolóxicas (dexeneración, enfermidade

lesional, trastornos vasculares) se perden as funcións

mentais superiores, caracterizado por desorientación,

alteración da memoria e labilidade emocional. // D. paralítica.

Meningoencefalite sifilítica crónica, caracterizada

por dexeneración das neuronas corticais, demencia

progresiva e parálise xeneralizada que se non se trata leva

á morte. Tamén se di demencia parética. / D. presenil.

A que aparece ó redor dos 45-50 anos, secundaria a unha

atrofia cerebral difusa (enfermidade de Alzheimer) ou

localizada no lobo frontal (enfermidade de Pick). / D.

secundaria. A que segue a algunha forma de psicose e

depende dela. / D. senil. A que aparece coa vellez.

demerol s.m. Meperidina, analxésico sedante semellante

á morfina.

demofobia s.f. Medo patolóxico ás multitudes.

demografía s.f. Estatística aplicada ó estudio de grupos

de persoas, o seu ambiente, a distribución xeográfica e

calquera outra característica. // D. dinámica. Estudio

dunha comunidade, que inclúe os rexistros estatísticos de

nacementos, casamentos, defuncións, profesións, etc.

demonofobia s.f. Temor patolóxico ó demo.

demonolatría s.f. Adoración ó demo.

demonomanía s.f. Estado no que o doente se considera

posuído polo demo, demopatía.

demopatía s.f. Demonomanía.

demulcente adx. 1. Que calma, que alivia a irritación de

superficies inflamadas ou erosionadas. // s.m. 2. Medicamento

ou aplicación calmante, xelatinoso ou aceitoso.

dendr- Prefixo que amosa relación cunha árbore ou cunha

estructura semellante á mesma.

dendriceptor s.m. Punto sensitivo nos extremos dunha

dendrita.

dendriforme adx. Ramificado, en forma de árbore.

dendrita s.f. Unha das prolongacións filiformes do citoplasma

dunha neurona.

dendrítico-a adx. Ramificado como unha árbore. Pertencente

ás dendritas ou posuidor de dendritas.

dendro- V. dendr-.

dendrodendrítico-a adx. Pertencente ou relativo a unha

sinapse entre dendritas de dúas neuronas.

dendroeixe s.m. Célula nerviosa cun cilindroeixe que se

divide en filamentos terminais case inmediatamente

despois de saír dela.

dendrofagocitose s.f. Fenómeno polo que as células da

microglía absorben astrocitos dexenerados.

dendroide adx. Dendriforme.

dendroplasma s.m. Neuroplasma das dendritas.

dengue s.m. Enfermidade febril infecciosa, caracterizada

por dor intensa da cabeza, músculos e articulacións,

síntomas catarrais e ás veces erupcións cutáneas, producida

por un virus e transmitido polos mosquitos na India,

Xapón, Pacífico Sur, Caribe e Norte de Sudamérica.

densidade s.f. 1. Calidade medible de denso ou

compacto. 2. Relación entre o peso dun corpo ou dunha

substancia e o volume que ocupa a unha determinada

temperatura: d = p/v. Mídese en gramos por cm 3 ou kg

por m 3 . 3. Cantidade de electricidade nunha zona dada ou

nun volume dado nun tempo determinado. 4. Grao de

escurecemento dunha película fotográfica ou radiográfica

exposta e procesada, expresado como o logaritmo da

capacidade dunha rexión dada de película. // D. de poboación.

Relación entre o número de habitantes e a superficie

do territorio considerado.

densímetro s.m. 1. Instrumento para medi-la densidade

dos corpos sólidos ou líquidos, especialmente dos

líquidos. Tamén se di areómetro. 2. Instrumento para

precisa-lo grao de escurecemento dunha película fotográfica

ou radiográfica revelada. Tamén se di densitómetro.

densitometría s.f. Estimación das variacións na densidade,

por comparación coa doutro material ou a modelo.

// D. ósea. Estudio radiográfico para estima-la cantidade

de calcio nos ósos.

densitómetro s.m. Densímetro.

densografía s.f. Determinación xusta do contraste de

densidades no negativo dunha radiografía, por medio

dunha célula fotoeléctrica.

dent-, denta-, denti-, dento- Prefixos que indican relación

cos dentes ou carácter dental.

dentado-a adx. 1. Que ten dentes. 2. Que ten prolongacións

semellantes a dentes nos bordos, festonado.

dentadura s.f. 1. Conxunto de pezas dentarias naturais ou

artificiais. 2. Reposición artificial de dentes naturais e

tecidos adxacentes. Tamén se di dentame. // D. artificial.

Prótese dentaria. / D. completa. Aparello que repón

tódolos dentes dun maxilar e estructuras relacionadas.

Tamén se di dentadura total. / D. de implantación. A

construída cunha estructura de metal incluída nos tecidos

brandos subxacentes, en contacto co óso, que lles dá

estabilidade ós dentes e os retén.

dentagra s.f. Pinzas ou chave para arrinca-los dentes.

dental adx. 1. Relativo ós dentes, dentario. 2. Do fonema

que require para a súa pronunciación que a lingua toque

os dentes.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!