31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cromatoide 188

diferencias que existen no molecular entre os constituíntes

dunha disolución. A separación cromatográfica

baséase na distribución das distintas substancias entre

dúas fases, unha móbil e outra fixa, co que as distintas

especies moleculares son retidas durante maior ou menor

tempo pola fase fixa e, por tanto, desprázanse con distinta

velocidade ó longo do sistema. De acordo coa natureza

das fases do sistema e o mecanismo de separación,

distínguense cromatografía de adsorción, de partición, de

intercambio iónico, de afinidade, de exclusión. Segundo

a forma ou xeometría do sistema cromatográfico distínguense:

cromatografía de gases, na que a fase móbil esta

constituída por un gas, cromatografía en columna, onde a

fase móbil está constituída por un líquido, cromatografía

sobre papel, na que a fase fixa descansa sobre fibras de

celulosa, e cromatografía en capa fina, na que a fase fixa

se estende sobre unha placa de vidro ou de plástico en

forma dunha capa de 200 a 400 µm. de grosor, etc.

cromatoide adx. Que se tingue intensamente polos colorantes.

cromatólise s.f. 1. Desintegración da cromatina nuclear,

cariólise. 2. Desaparición ou desintegración da substancia

cromófila das células nerviosas, tigrólise.

cromatoloxía s.f. Parte da óptica que estudia as cores.

cromatómetro s.m. Instrumento para medi-la cor ou a

percepción de cores, cromómetro, colorímetro.

cromatopatía s.f. Cromodermatose.

cromatopexia s.f. Cromopexia.

cromatoplasma s.m. Substancia colorada do protoplasma

celular.

cromatoplasto s.m. Cromatóforo.

cromatopsia s.f. Visión subxectiva de cores, eritropsia,

xantopsia, etc.

cromatoptometría s.f. Cromoptometría.

cromatoscopia s.f. Cromoscopia.

cromatose s.f. Pigmentación, especialmente a anormal ou

excesiva da pel.

cromatosoma s.m. Cromosoma.

cromatosquiámetro s.m. Aparello de Holmgren para o

exame e determinación do sentido da cor.

cromatóxeno-a adx. Cromóxeno.

cromaturia s.f. 1. Coloración anormal da urina. 2.

Emisión de substancias colorantes pola urina.

cromestesia s.f. Asociación de sensacións imaxinarias de

cor con sensacións reais do oído, gusto ou olfacto.

cromhidrose s.f. Sudación coloreada, que comprende

algunhas variedades: cianidrose, eritridose, etc.

crómico (ácido) s.m. 1. Ácido dibásico, inexistente en

estado libre que dá lugar a sales chamados cromatos. 2.

Trióxido de cromo, máis propiamente chamado anhídrido

crómico, en cristais de cor marela avermellada intensa,

moi soluble en auga, que se usa na técnica micrográfica e

como escarótico para a extirpación de verrugas.

cromidio s.m. Gránulo de cromatina extranuclear no citoplasma

dunha célula, que se tingue intensamente polos

colorantes básicos. O microscopio electrónico demostrou

que é un gránulo de RNA.

cromidiose s.f. Paso da substancia nuclear e cromatina

desde o núcleo ó citoplasma.

cromidrose s.f. Cromhidrose.

cromíolo s.m. Cronmómero.

cromismo s.m. Intoxicación por sales de cromo.

cromo- Croma-.

cromo s.m. Metal abrancazado, moi duro e pouco fusible.

Varios dos seus sales son pigmentos e todos son tóxicos.

Símbolo Cr. Peso específico 6,5. // Óxido de c. Substancia

empregada en odontoloxía especialmente como

axente pulidor. / Trióxido de c. Ácido crómico.

cromoblasto s.m. Célula embrionaria que se desenvolve

en célula pigmentaria, cromatóforo.

cromoblastomicose s.f. Afección crónica caracterizada

pola formación de placas verrugosas na pel e tumefaccións

subcutáneas brandas, producida por fungos dos

xéneros Cladosporium e Phialophora.

cromocistoscopia s.f. Cistoscopia despois da administración

ou inxección dunha substancia colorante que se

elimina pola urina.

cromocito s.m. Célula de cor ou de pigmento.

cromocitómetro s.m. Instrumento para determina-lo

contido de hemoglobina nos corpúsculos vermellos e o

número destes.

cromocoloscopia s.f. Exame da función biliar pola proba

de excreción dunha substancia colorante previamente

inxectada.

cromocrinia s.f. Secreción ou excreción de cor. // C.

cutánea. Cromhidrose.

cromodacriorrea s.f. Secreción ou fluxo lagrimal de

cor, coloración sanguínea das lágrimas.

cromodermatose s.f. Afección cutánea con alteración da

coloración.

cromodiagnose s.f. 1. Diagnóstico polo cambio de cor.

2. Exame diagnóstico a través de cristais de cor ou placas

de xelatina coloreadas. 3. Diagnóstico pola proba de

excreción de substancias colorantes inxectadas previamente.

cromodiagnóstico s.m. Cromodiagnose.

cromoestesia s.f. Sensibilidade do sentido da vista ás

sensacións coloreadas.

cromófago –a adx. Cromatófago, pigmentófago.

cromófano s.m. Pigmento dos conos retinais, rodófano,

xantófano, clorófano.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!