31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

243 eflorescencia

ciencia renal / E. sólido V. mixedema. / E. traumático

da retina Diminución da visión consecutiva a un traumatismo

próximo a un ollo. / E. venoso Edema causado

por líquido procedente das veas.

edemático -a adx. 1. Relativo ou pertencente ó edema. 2.

Que ten edema. Tamén se di edematoso.

edematización s.f. Acción e efecto de poñerse edematoso.

edematoso -a adx. V. edemático.

edematóxeno -a adx. Que pode producir edema.

edentado -a adx. Que carecen de dentes. Tamén se di

desdentado, anodonto.

edeoblenorraxia s.f. V. edeoblenorrea.

edeoblenorrea s.f. Fluxo purulento nos órganos xenitais.

Tamén se di edeoblenorraxia.

edeocéfalo s.m. Monstro fetal caracterizado por carecer

de boca, posuír unha única cavidade orbitaria e o nariz en

forma semellante a un pene.

edeodinia s.f. Dor nos órganos xenitais.

edeografía s.f. Parte da anatomía que estudia os órganos

xenitais.

edeoloxía s.f. Ciencia que estudia os órganos xenitais.

edeomanía s.f. Esaxeración do apetito sexual. Tamén se

di ninfomanía, satiríase.

edeopsofía s.f. Emisión de ruídos pola vaxina.

edeorrea s.f. Emisión de fluxo abundante polos órganos

xenitais.

edible adx. Comestible.

Edinger, núcleo de V. núcleo.

edipismo s.m. 1. Traumatismo nos ollos causado polo

doente a si mesmo. 2. Relativo ó complexo de Edipo.

Edipo, complexo de V. complexo.

edovacina s.f. Vacina administrada por vía oral.

Edowes, enfermidade de V. enfermidade.

edrofonio s.m. Composto que inhibe en forma reversible

a acetilcolinesterase, empregado no diagnóstico da miastenia

gravis pseudoparalítica.

Edsall, enfermidade de V. enfermidade.

EDTA Siglas do ácido etilendiaminotetraacético. É un

axente quelante de metais di e trivalentes.

educto s.m. Substancia extraída da materia orgánica sen

ningunha alteración na súa composición. É contrario a

producto.

edulcoración s.f. Adición de azucre ou xarope a unha

substancia.

edulcorante s.m. Substancia que edulcora os alimentos.

Tamén se di adozante.

Edwarsiella Xénero de bacilos gramnegativos e flaxelados,

pertencentes á familia Enterobacteriaceae. // E.

tarda Especie única do xénero Edwarsiella, que ás veces

pode se-la responsable ocasional de episodios de gastroenterite

e infeccións urinarias na especie humana.

EEG Abreviatura usual de electroencefalograma e de

electroencefalografía.

efébico -a adx. Relativo á pubertade.

efeboloxía s.f. Ciencia que estudia a pubertade e os seus

fenómenos.

efeboxénese s.f. 1. Cambios estructurais do organismo

que se producen durante a pubertade. 2. Desenvolvemento

espontáneo anómalo de células xerminais masculinas,

posible orixe dos teratomas testiculares.

efecto s.m. Resultado necesario ou accidental procedente

da acción dunha causa. // E. Doppler Efecto producido

cando se fai incidir un feixe de ultrasóns procedentes dun

transductor sobre un fluxo líquido de partículas en

suspensión. A frecuencia dos ultrasóns aumenta se as

partículas se moven cara ó transductor, e diminúe se se

afastan del. / E. placebo Efecto psicolóxico e fisiolóxico

obtido pola administración dun placebo.

efector -a adx. 1. Relativo a calquera impulso que

produce unha acción fisiolóxica. 2. Do órgano nervioso

terminal que distribúe os impulsos activadores musculares

e a secreción das glándulas. 3. Que responde a un

estímulo.

efedrina s.f. Alcaloide fenilmetilaminopropanol obtido de

varias especies de plantas do xénero Efedra. A súa

composición e os seus efectos son semellantes ós da

adrenalina.

efélide s.f. Mancha cutánea de pequeno tamaño provocada

pola exposición solar. Tamén se di léntigo.

efémera s.f. V. febre efémera.

efémero -a adx. 1. Que dura un só día. V. efémera 2.

Fugaz, pasaxeiro.

efeminamento s.m. Aparición de caracteres sexuais

secundarios femininos nun home. Tamén se di feminismo.

eferente adx. Que conduce sangue, secrecións ou

impulsos, dunha parte central a outra periférica. É oposto

a aferente. Tamén se di centrífugo.

efervescencia s.f. Formación de burbullas dun gas nun

líquido rebentando na superficie deste.

efidrofobia s.f. Temor morboso a suar.

efidrose s.f. 1. Sudación excesiva, epidrose ou hiperhidrose.

2. Suor na crise dalgunhas enfermidades. // E.

cruenta Sudación sanguínea.

eflorescencia s.f. 1. Exantema, erupción cutánea. 2.

Lesión elemental da pel. 3. Proceso de transformación

dun corpo en materia en po pola perda de auga, de cristalización

ou por reacción química co aire.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!