31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

epistótono 268

epistótono s.m. V. emprostótono.

epistrófeo s.m. Axe ou segunda vértebra cervical.

epitálamo s.m. Parte dorsal do diencéfalo que abarca a

comisura posterior, o pedículo e a glándula pineal.

epitarso s.m. Anomalía ocular consistente na presencia

dunha pregaura conxuntival que vai dende o fondo de

saco ata preto do bordo da pálpebra. Tamén se di pterixión

conxénito.

epitelio s.m. 1. Tecido celular que serve de revestimento

ás superficies externas ou internas do corpo e caracterizado

por estar constituído por unha ou varias capas de

células con forma e disposición variables, sen vasos nin

substancia intercelular. 2. Capa superficial das mucosas.

// E. ciliado Tipo de epitelio con células posuidoras de

cilios nos seus extremos libres. / E. cilíndrico ou

columnar Epitelio constituído por células cilíndricas. /

E. cúbico Epitelio formado por células de forma cúbica.

/ E. de transición Epitelio formado por capas celulares

diferentes, que representan a transición da capa contigua

da que proceden, nas zonas de confluencia de dous epitelios

diferentes. / E. escamoso Epitelio de células planas,

simple ou estratificado. / E. especializado Epitelio

formado por células cunha función especial, como as

glandulares. / E. glandular Epitelio formado por células

secretoras, situadas nos ácinos das glándulas. / E. pavimentoso

ou estratificado Epitelio composto de varias

capas superpostas de células, sendo planas as da superficie.

/ E. pavimentoso simple O formado por unha soa

capa de células planas. / E. piramidal V. e. cilíndrico.

epitelioblastoma s.m. Tumor constituído por células

epiteliais, como os papilomas, adenomas, etc.

epitelioide adx. Que é semellante ó tecido epitelial ou ós

seus constituíntes. // Célula e. Certos tipos celulares que

semellan células epiteliais por estaren moi próximas

entre si, e que aparecen nalgunhas lesións patolóxicas

como as da tuberculose.

epiteliólise s.f. Destrucción de células epiteliais.

epiteliolisina s.f. Enzima lítico celular formado no soro

dos animais en contacto con células epiteliais doutro

animal de distinta especie que actúa destruíndo as devanditas

células.

epitelioma s.m. Tumor ou neoplasia maligna que se

orixina a partir de células epiteliais de neoformación, con

maior ou menor grao de anaplasia e capacidade para

invadir tecidos veciños ou provocar metástases a

distancia. // E. basocelular Tipo máis frecuente e

benigno de epitelioma que deriva das células basais do

epitelio e das mucosas, medra lentamente inzando os

tecidos locais, non producindo xeralmente metástases a

distancia. Tamén se di carcinoma basocelular ou carcinoma

de células basais. / E. espinocelular Tipo máis

maligno que aparece xeralmente en suxeitos de maior

idade derivado das células da capa intermedia da

epiderme, que posúe tendencia á formación escamosa e

de globos córneos. Os epiteliomas das mucosas sempre

son espinocelulares. Tamén se di carcinoma espinocelular

ou carcinoma de células escamosas. / E. mixto

Epiteliomas con características intermedias entre os dous

anteriores.

epiteliomatose s.f. Estado patolóxico debido ó desenvolvemento

de epiteliomas, principalmente cando aparecen

múltiples deles sobre queratose senil.

epiteliomatoso -a adx. Pertencente ou relativo ó epitelioma.

epiteliomuscular adx. Constituído por tecido epitelial e

muscular.

epiteliose s.f. Afección producida por virus con afinidade

especial por tecidos epiteliais.

epiteliotoxina s.f. Variedade de toxina con capacidade de

destrucción das células epiteliais.

epitelización s.f. Proceso de rexeneración do epitelio das

superficies cutáneas ou mucosas.

epítema s.m. 1. Medicamento tópico que non é ungüento

nin emplasto. 2. Cuberta celular estratificada.

epitendón s.m. Vaíña fibrosa dos tendóns.

epítese s.f. Corrección cirúrxica das deformidades dos

membros.

epitimpánico -a adx. Que está situado por encima do

tímpano.

epitímpano s.m. V. ático.

epitopo s.m. Zona do antíxeno na que reside a antixenicidade.

Trátase dunha zona das moléculas antixénicas que

posúe unha configuración molecular tal que se pode

combinar con outra zona complementaria dunha molécula

dun anticorpo. Tamén se di determinante antixénico.

epitriquio s.m. Capa superficial da epiderme que xeralmente

desaparece antes do nacemento.

epitróclea s.f. Prominencia situada no bordo interno da

epífise inferior do úmero, enriba da tróclea. Tamén se di

epicóndilo medial do úmero.

epitroclear adx. Relativo á epitróclea.

epitrocleo- Prefixo que indica relación coa epitróclea.

epivertebral adx. Que está situado por riba dunha

vértebra.

epizoario s.m. V. ectozoario.

epizoicida s.m. Axente que destrúe os parasitos epizoarios.

epizoo s.m. V. ectozoario.

epizoonose s.f. Enfermidade cutánea que está producida

por epizoarios.

epizootia s.f. Enfermidade epidémica que afecta a unha

ou máis especies animais ó tempo.

epizoótico -a adx. Relativo ou pertencente á epizootia.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!