31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

31 alócrino-a

aliáceo-a adx. Semellante ó allo ou que ten o seu olor ou

sabor.

aliaxe s.f. Mestura sólida de dous ou máis metais ou metaloides

por fusión, que pode ser binaria, ternaria, cuaternaria,

segundo sexa o número de metais que a compoñen,

e pode ser clasificada polo seu comportamento unha vez

solidificada.

alices s.f.pl. Manchas vermellas na varíola que aparecen

antes das pústulas.

alicuorrea s.f. Falta de fluxo do líquido cefalorraquídeo

nunha punción lumbar correcta.

alícuota s.f. e adx. Parte que está contida nun todo un

número exacto de veces.

alienación s.f. Alteración ou trastorno mental, na consideración

social e legal, indicando que o enfermo mental

é estraño a si mesmo.

alienar v. 1 Alucinar, perturbar. 2. Enlouquecer.

alienia s.f. Falta conxénita ou adquirida do bazo.

alienismo s.m. 1. Estudio ou tratamento das desordes

mentais. 2. Trastorno mental. 3. Práctica de psiquiatría

forense.

alienista s. Médico especialista no estudio e tratamento

da alienación mental, antigamente psiquiatra.

alifafe s.m. 1. Tumor acuoso que adoitan cria-las cabalerías

nos xarretes. 2. Achaque habitual, doenza crónica

que padece algunha persoa.

alifático-a adx. 1. Relativo a unha graxa. 2. En química,

dos compostos orgánicos nos que os átomos de carbono

se unen formando cadeas abertas.

alifaz s.m. Olor ou sabor desagradable dun alimento.

alifazarse v. Encherse de achaques.

aliforme adx. 1. En forma de ala.2. En forma de allo.

alilamina s.f. Líquido da esencia da mostaza.

alilo s.m. Radical monovalente C 3

CH 5

ou CH 2

:CH.CH 2

Os seus compostos atópanse no allo, na mostaza e

noutras plantas.

alimentación s.f. 1. Acción de dar ou recibir alimento. 2.

Conxunto de substancias das que un individuo acostuma

alimentarse. 3. Abastecemento, fornecemento, sustento.

// A. artificial. 1. Alimentación por outras vías ou por

outros medios distintos dos ordinarios. 2. A dun neno,

con alimentos que non son o leite materno.

alimentario-a adx. Relativo ós alimentos, ós materiais

nutritivos ou ós órganos da dixestión.

alimenticio-a adx. Nutritivo, que alimenta.

alimento s.m. Substancia que por medio das transformacións

dixestivas serve para nutri-los seres vivos, crear

tecidos ou producir calor corporal.

alimentoterapia s.f. Tratamento dietético ou por alimentación

sistemática.

alinasal adx. Relativo á aleta do nariz.

alinfocitose s.f. Desaparición ou diminución de linfocitos

no sangue.

alinfoplasia s.f. Aplasia ou hipoplasia do tecido linfoide.

// A. tímica. Displasia tímica linfopénica caracterizada

polo aumento do tecido conectivo e ausencia de linfocitos

e corpúsculos de Hassall, con deficiencia de linfocitos

nos ganglios linfáticos, no bazo e no tubo dixestivo.

alismo s.m. Intranquilidade, ansiedade, especialmente nos

enfermos mentais.

aliteración s.f. Repetición afectada das mesmas letras,

sílabas ou sons, na mesma frase, para producir un efecto

de harmonía.

aliterar v. 1. Dispor en aliteración. 2. Facer aliteración.

aliviado-a adx. Tranquilo, despois de sufrir unha dor.

aliviamento s.m. Alivio.

alivio s.m. Diminución da intensidade ou gravidade dunha

enfermidade ou síntoma, aliviamento.

alixeiramento s.m. Sensación de menor distensión abdominal

producida polo descenso do útero na cavidade da

pelve, que ocorre dúas ou tres semanas antes do parto.

allo s.m. Planta da familia das liliáceas, debe as súas

propiedades a unha esencia sulfurada, que por eliminarse

polas vías respiratorias se recomendou como antiséptico

das mesmas e como expectorante.

almiscre s.m. 1. Substancia aromática que se extrae

dunhas glándulas que ten no ventre o mamífero chamado

almiscareiro. 2. Producto semellante obtido doutros

animais ou preparado artificialmente. 3. Perfume, aroma.

almorrás s.f.pl. Tumor vascular que se forma no ano.

Tamén se di almorreiras. V. hemorroide.

alo- Prefixo que significa outro, distinto.

aloanticorpo s.m. Anticorpo producido por un individuo

que reacciona con antíxenos doutro individuo da mesma

especie. Tamén se di isoanticorpo.

aloantíxeno s.m. Antíxeno da mesma especie pero de

individuo de distinto xenotipo. Tamén se di isoantíxeno.

alobiose s.f. 1. Estado de reactividade alterada que manifesta

un organismo en condicións diferentes de ambiente.

2. Supervivencia de células ou tecidos privados das súas

funcións.

alocéntrico-a adx. Que considera máis ós outros que a si

mesmo. Oposto a egocéntrico.

alocinesia s.f. 1. Desorde da motilidade na que o paciente

move o membro oposto ó que se lle ordena mover. 2.

Movemento pasivo ou reflexo.

alocinético-a adx. Relativo á alocinesia.

alocórtex s.m. Porción do córtex cerebral máis primitiva,

non disposta en capas.

alócrino-a adx. V. heterocrinia.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!