31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

inmunitario -a 402

virus ou os seus compoñentes antixénicos. / I. artificial

Aquela que se adquire mediante a inoculación de vacinas

ou de inmunoglobulinas. / I. celular Aquela dependente da

acción inmunitaria dos linfocitos T. / I. conxénita A que

posúen algúns individuos ou algunhas especies de xeito

conxénito contra certos microorganismos infecciosos.

Tamén se di inmunidade inherente ou innata. / I.

cruzada Aquela adquirida contra unha enfermidade,

mediante a inoculación ou o contaxio dun microorganismo

que non é o causante da devandita enfermidade. / I. específica

Aquela que vai destinada contra unha enfermidade

ou un antíxeno particular. / I. humoral Aquela desenvolvida

polos anticorpos, procedentes dos linfocitos B. / I.

inherente V. i. conxénita. / I. innata V. i. conxénita. / I.

pasiva Inmunidade dependente do paso de inmunoglobulinas

da nai ó feto durante o embarazo ou a lactancia, ou da

inxección de factores defensivos nun individuo, tales como

inmunoglobulinas específicas ou inespecíficas procedentes

dun animal previamente inmunizado.

inmunitario -a adx. Relativo ou pertencente á inmunidade.

inmunización s.f. Proceso de adquisición da inmunidade.

// I. activa Inoculación de antíxenos capaces de

aumentar ou provoca-la aparición de anticorpos. / I.

pasiva Inoculación a un individuo de anticorpos procedentes

doutro individuo ou dun animal que sexan

inmunes.

inmunizador -ora adx. Que orixina ou que induce

inmunidade.

inmunoblasto s.m. Célula precursora dos linfocitos

maduros. Tamén se di virocito.

inmunocito s.m. Linfocito T, entendido como célula

efectora da inmunidade celular.

inmunocitoadherencia s.f. Proceso da adhesión dun

antíxeno á superficie dun inmunocito ó que é especificamente

sensible.

inmunocomplexo s.m. Complexo macromolecular

formado por un antíxeno e o seu anticorpo correspondente.

inmunodeficiencia s.f. Proceso patolóxico caracterizado

por unha anomalía na función inmunitaria.

inmunodifusión s.f. Técnica baseada na difusión dos

antíxenos ou dos anticorpos a través dun medio semisólido,

composto normalmente por ágar-ágar ou por un xel

de agarosa. O resultado final é a formación de precipitinas.

inmunodominancia s.f. Grao no cal unha subunidade

dun determinante antixénico participa na unión cun anticorpo

específico.

inmunoelectroforese s.f. Técnica que combina a electroforese

das proteínas e a inmunodifusión. As proteínas

sepáranse mediante electroforese nun xel de agarosa,

depositándose posteriormente os antisoros específicos

nun suco escavado de xeito paralelo á migración das

proteínas, deixando que as proteínas e os anticorpos se

difundan a través do devandito xel, precipitando en forma

de arco.

inmunoestimulación s.f. Método utilizado para estimula-las

defensas inmunitarias, como o que se realiza

coa inoculación da vacina BCG.

inmunofluorescencia s.f. Técnica mediante a que un

antíxeno ou un anticorpo determinado se mesturan cun

colorante fluorescente, feito que permite posteriormente

a súa localización e identificación cando, despois de

introducido no organismo, o producto así marcado se fixa

co seu anticorpo ou o seu antíxeno correspondente nunha

localización determinada do organismo.

inmunoglobulina s.f. Glicoproteína que se atopa no

plasma e noutros líquidos orgánicos da maioría dos

animais vertebrados e que posúe unha función como anticorpo

nas reaccións inmunitarias. Sintetízase nos linfocitos

B e nas células plasmáticas en resposta a un estímulo

antixénico, tendo a característica de unirse

especificamente co antíxeno que provocou a súa formación.

Existen cinco clases de inmunoglobulinas, que de

maior a menor concentración no plasma sanguíneo dun

adulto normal son: Ig G, Ig A, Ig M, Ig D e Ig E. Compóñense

de catro cadeas peptídicas, dúas pesadas e dúas

lixeiras, unidas por forzas iónicas e por enlaces disulfuro,

que en conxunto adquiren unha configuración espacial en

forma de i grego (Y). Existen catro tipos diferentes de

cadeas pesadas, que se denominan coa letra minúscula

grega homónima da latina coa que se nomea a molécula

completa da inmunoglobulina, sendo as seguintes: cadeas

de tipo gamma (γ), de tipo alfa (α), de tipo mi (µ), de tipo

delta (δ) e de tipo épsilon (ε). Existen ademais catro

subtipos de cadea gamma e dous de cadea alfa. As cadeas

lixeiras poden ser de dous tipos: cadeas de tipo Kappa (κ)

ou de tipo lambda (λ). Nunha molécula determinada de

inmunoglobulina, as dúas cadeas lixeiras son idénticas

entre si, así como tamén o son as dúas cadeas pesadas

entre elas. Cada clase e subclase de inmunoglobulina

posúe diferentes propiedades biolóxicas, gracias ás que

interveñen nos diversos aspectos dos procesos inmunitarios.

inmunohemólise s.f. Hemólise dos glóbulos vermellos

producida por unha reacción de anticorpo con activación

do sistema do complemento, contra os antíxenos da

superficie celular eritrocitaria.

inmunohistoquímico -a adx. Da aplicación de interaccións

antíxeno-anticorpo ás técnicas histoquímicas.

inmunoinsuficiente adx. Que carece dunha capacidade

de resposta inmunitaria fronte a unha agresión antixénica.

inmunólogo -a s. Especialista en inmunoloxía.

inmunoloxía s.f. Ciencia que estudia os procesos inmunitarios

nos seres vivos.

inmunoproteína s.f. Proteína que actúa como inmunizante

ou como anticorpo nos procesos inmunitarios.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!