31.12.2013 Views

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

1 - principio.qxd

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

amnésico-a 34

amnésico-a adx. 1. Relativo á amnesia. // s. 2. Persoa que

padece amnesia.

amnio s.m. Conxunto de membranas fetais que forman o

saco pechado que contén o embrión de réptiles, aves e

mamíferos e o líquido que o envolve.

amniocentese s.f. Punción do amnio para extraer líquido

amniótico con fins diagnósticos.

amniorrea s.f. Saída de líquido amniótico por rotura

completa ou incompleta das membranas fetais.

amnioscopia s.f. Técnica de observación directa do feto

e o líquido amniótico que se realiza introducindo un

endoscopio a través da vaxina e o pescozo uterino ou

incidindo as paredes abdominal e do útero.

amnioscopio s.m. Aparello provisto de luz que se introduce

na cavidade amniótica para o seu exame.

amniota s.m. Animal que desenvolve membranas amnióticas,

como é o caso de réptiles, aves e mamíferos.

amniótico-a adx. Relativo ó amnio ou ós vertebrados

amniotas.

amoníaco s.m. Gas incoloro, de olor irritante, soluble en

auga e composto de nitróxeno e hidróxeno que se

emprega como estimulante da respiración e a expectoración.

amorfia s.f. 1. Calidade de amorfo. 2. Deformidade orgánica.

amorfo-a adx. 1. Que non ten forma regular ou ben definida.

2. En química, que non está cristalizado.

amoucharse v. Encollerse por enfermidade ou outro

motivo parecido.

amoxicilina s.f. Antibiótico da familia da penicilina.

AMP Siglas de adenosinmonofosfato.

AMPc Siglas de adenosinmonofosfato cíclico.

ampicilina s.f. Antibiótico da familia da penicilina.

amputación s.f. Separación completa, espontánea ou

traumática, dunha parte saliente do corpo, especialmente

a operación cirúrxica na que se secciona completamente

un membro incluíndo o óso e as partes brandas. Cando

coincide cunha articulación denomínase desarticulación.

amusia s.f. Perda da capacidade para entender e reproducir

sons musicais. Tamén se di afasia musical.

ana Nas receitas maxistrais significa que cando hai máis

dunha substancia, a cantidade de cada unha delas é partes

iguais.

ana- Prefixo que significa cara a, arriba, atrás, contra,

exceso, de novo, sobre.

anabolismo s.m. Formación no organismo de compostos

químicos complexos a partir doutros máis sinxelos, por

exemplo proteínas a partir de aminoácidos, xeralmente

con consumo de enerxía; o contrario de catabolismo.

anabolito s.m. Calquera substancia formada como resultado

dos procesos anabólicos.

anabrose s.f. Ulceración superficial.

anacidez s.f. Ausencia de acidez, especialmente no zume

gástrico por ausencia de ácido clorhídrico.

anacrótico-a adx. Forma abreviada de anadicrótico, refírese

á onda ascendente do trazado do pulso que é dobre

pola existencia de dúas ou máis expansións da arteria con

cada latexo.

anacrotismo s.m. Característica da onda do pulso que

presenta unha ou máis elevacións na parte ascendente, é

típico da insuficiencia aórtica.

anadrenalismo s.m. Ausencia da función suprarrenal.

anaerobio-a adx. Que pode vivir en ausencia de osíxeno.

//A. facultativo. Anaerobio que pode vivir en ausencia

ou en presencia de osíxeno. / A. obrigado. Anaerobio

que só vive en ausencia de osíxeno.

anaerobiose s.f. Vida nunha atmosfera sen osíxeno libre.

anaeróxeno-a adx. Que non produce gas.

anafase s.f. Fase da mitose ou da meiose, na que os

cromosomas emigran da placa ecuatorial cara ós polos da

célula.

anafiláctico-a adx. 1. Pertencente ou relativo á anafilaxia.

2. Que é sensible e reacciona de maneira esaxerada

ante a inoculación de proteínas ou outro material estraño.

anafilaxia s.f. 1. Resistencia diminuída a unha toxina ou

hipersensibilidade inducida como resultado da inoculación

previa do mesmo material, tipo de reacción inmunolóxica

(alérxica) iniciada pola combinación antíxeno-

-anticorpo e caracterizada pola contracción do músculo

liso e a dilatación capilar mediada pola liberación de

histamina, serotonina e outras substancias farmacoloxicamente

activas. 2. Choque anafiláctico.

anaforese s.f. 1. Diminución da actividade das glándulas

sudoríparas. 2. Movemento das partículas con carga

negativa (anións) dunha solución ou suspensión, cara ó

ánodo na electroforese.

anaforia s.f. Tendencia dos ollos cando están en repouso

a moverse cara arriba.

anal adx. Pertencente ou relativo ó ano.

analéptico-a adx. Axente ou medicamento estimulante

do sistema nervioso central.

análise s.f. 1. Proceso polo que é posible determina-la

composición dunha substancia. 2. Exame e estudio dun

todo para coñece-las partes que o compoñen. // A. colorímetra.

Análise cuantitativa fundada na medición da

intensidade dunha cor. / A. cualitativa. Determinación

da natureza dos compoñentes dun composto. / A. cuantitativa.

Determinación das cantidades proporcionais dos

constituíntes dun composto. / A. gravimétrica. Análise

cuantitativa dun corpo por pesadas.

analista s. Persoa que realiza determinacións analíticas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!