14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

que ten o mesmo para manter unha reacción invariable frente os estados de cambeo

constante que o seu medio de estímulos Ile proporciona, ou ben, para aprender á

modificar e adaptar as súas reaccións ante este medio de estímulos cambeante, o que

dalgún xeito, vai dotando ó individuo dunha certa independencia respecto ó seu medio;

neste senso, o desenvolvemento vai depender de como se asimilan ou aprehenden os novos

coñecementos e acontecementos, que se van sucedendo no sistema de almacenamento ou na

estructura intelectual que ó engloba. En definitiva, vai depender do esforzo do proprio

suxeto por resolver os conflictos que Ile prantexa o seu medio, de que chegue a alcanzar

un nivel ou outro de desenvolvemento (DUCKWORTH, 1981); neste senso, as suas

estructuras cognitivas non son suficintes para entender cómo os suxetos van

aprehendendo a súa realidade e cómo van adquirindo os coñecementos que Ile van

posibilitar desenvolverse nese mundo de coñecementos.

Un feito que parece desprenderse dos estudos e investigacibns de Jean Piaget

(PIAGET, 1969; 1976), é que o coñecemento básase sempre sobre outro coñecemento no

que se asenta, e a partires do cál descubre ó outro nunha boa situación de aprendizaxe; o

feito de que un suxeto teña unha idea, "algunha teoría", sobre o novo coñecemento, pode

contribuir cun resultado determiñado á desenvolver a súa comprensión sobre ese novo

coñecemento. Si ten ou non éxito a asimilación dese novo coñecemento, non debe ter

importancia, debido a que pode estar prestando atención ós resultados que van en contra

do que pensa ou coñece, polo que está xenerando novo coñecemento; INHELDER (1975)

afirma que o novo coñecemento ten tres vías de acceso: ( i) unha é a perceptiva, pola que

algún aspecto externo dos obxetos que vemos, relacionase oon outro aspecto que temos

visto anteriormente; (ii) outra sería a que se basease na acción, según a cál, algún

aspecto do que estamos facendo, lémbranos de algo que fixemos anteriormente; e (i i i) , a

terceira é a vía conceptual, pola que baseamonos nunha idea, palabra ou fórmula que é o

nexo de unión entre o novo coñecemento e o coñecemento que xa temos adquirido.

Así, o que determiña a nosa comprensión do que facemos, según Inhelder, é a

interrelación entre estes tres factores; cando aprendemos algo, soio en base a un dos tres

factores, o noso coñecemento pode non corresponderse coas situacións ás que é pertinente

ese coñecemento; sexan cales sexan as estructuras intelectuais do suxeto, éstas poden

alcanzar novas formas de coñecemento con respecto á algunha parte da realidade

(DUCKWORTH, 1981), que non ten porque correponderse co coñecemento adquirido polos

outros, nen noutras situacibns, parecidas ou distintas; segue dicindo DUCKWORTH

(1981) q u e "...non é unha tarefa fácil, pero é unha empresa de moito maior interés

humán... " o"... considerar a educación dun neno como un proceso de coñecemento e

- 104 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!