14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4, 5 e 6. En segundo lugar, a estructuración, secuenciación e organización dos contidos,

de tal xeito que posibiliten ó alumno unha millor apropiación, no senso en que posibilite

súa adaptacibn á estructura cognitiva do alumno, que Ile serva para profundizar e

realizar as sucesivas construccións de esquemas de coñecemento que supoñen un

enriquecemento da súa estructura cognitiva, para o que terá que partir do

desenvolvemento efectivo do alumno, crear a zona de desenvolvemento próximo, e

posibilitar o coñecemento posible para lograr que ésta zona en principio ,potencial,

chegue a ser efectiva, o que quere dicir dalgún xeito que o coñecemento vaia aoompañado

de estratexias para aplicar e utilizar ese coñecemento. En terceiro lugar, debe de

posibilitar a aprendizaxe siñificativa do alumno, de xeito que favoreza reestructuracións

cada vez maiores, empezando por conectar a aprendizaxe nova coa aprendizaxe ou

coñecementos que o alumno xa posue, e á vez dando posibilidades para realizar novas

aprendizaxes no alumno. Esta elaboración, irá acompañada no seu desenvolvemento, dunha

avaliación formativa e contínua, sobre a que o profesor levará a cabo os sucesivos

axustes, de forma que consigan os obxectivos previamente establecidos, tódolos alumnos

que ^integran a clase.

Creemos desta forma ter conseguido estes dous derradeiros obxectivos da

investigación, obxectivos que concretaremos e especificaremos a continuación sobre as

hipótesis da mesma.

10.8. Contrastación de Hipóteses.

No capítulo 9.2. temos concretado de definido as hipóteses que imos analizar

e contrastar cos datos resultado das análise descritas anteriormente, que son froito da

concretización e especificación dos obxectivos que analizamos anteriormente, polo que a

súa análise coincide dun xeito global cos respectivos obxectivos previos, e así con

respecto á: ^

Hipótese A: observamos, que respecto a ésta hipótese, ocurre que o profesór, polo que

fai referencia ó seu pensamento concreto e as súas teorías sobre o proceso educativo,

éstas teñen unha influencia directa sobre o desenvolvemento do mesmo proceso, de forma

que se crea unha correspondencia entre os pensamentos creencias e ex.pectativas do

profesor acerca do proceso e a práctica educativa que él mesmo realiza; vemos que nesta,

prescribe e dá normas, polo que perfílase un xeito de actuar na interacción educativa.

- 246 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!