14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

alumno dun papel cada vez máis activo na interacción co profesor, caso que non se dá na

interacción entre alumnos, na que o alumno pode invertir roles interactivos co mesmo

contido intelectual. (c) Parece darse na interacción entre iguais, unha especie de axuda

ou andamiaxe por parte dos outros, similar á que algúns autores atribuiron ó adulto en

contextos de ensino e aprendizaxe; cada neno aprende a utilizar a linguaxe para guiar as

accións do compañeiro, e á vez para ser guiado pola linguaxe do compañeiro (unha forma

de regulación social), permitindo ó neno o dominio de probremas difíciles, antes de que

sexan capaces de resolvelos individualmente. Permítelles observar e captar o proceso de

resolución de probremas como unha totalidade e seleccionar aqueles procedementos máis

eficaces, o que Iles posibilita resolver por sí mesmos, as tarefas que antes foron capaces

de resolver con axuda.

Por último, vamos a a facer referencia ás investigacións que levou a cabo

WEBB (1982), en oito estudios sobre o traballo realizado en grupos pequenos de

alumnos (dun total de 96 alumnos), en catro aulas de de séptimo, octavo e noveno grados,

utilizando como instrumento de obtención de datos, a observación do traballo que levaban

a cabo, centrándose sobre o comportamento de axuda que levan a cabo, os alumnos, na

interacción entre eles, e a incidencia que ten ésta, sobre o rendemento dos mesmos; entre

as conclusións que se poden deducir do seu estudo, podemos resaltar as seguintes: (a) os

estudantes que dan explicacións de cómo realizar a tarefa, alcanzan maiores resultados

que os estudantes que non toman parte activa na interacción do grupo. (b) Os estudantes

que recibían axuda, tamén conseguían maiores logros que os .outros, aínda que eiquí

dependía da natureza de axuda recibida, e do comportamento do estudante que a recibía.

(c) Os estudantes que cometían fallas ou facían preguntas, si recibían silencio do grupo

de resposta, ou soio solucións sen explicación algunha, non aprendían a resolver a tarefa;

(d) o feito de recibir axuda, soio é efectivo cando se dá como resposta á necesidade do

alumno; tamén o feito de non recibila xoga un papel negativo na aprendizaxe do alumno.

(e) recompensar a un estudante polo rendemento alcanzado polos outros, ademáis do seu

proprio, promove a cooperación e consigue que tódolos membros presten maiór atención

ó traballo.

8.3. Análise empírico do proceso educativo: proposta dun prantexamento

interaccionista e contextual.

Neste apartado vamos achegarnos novamente á parte teórica, nos capítulos

- 151 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!