14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

variables que eran utilizadas como responsables das investigacións resultantes.

Como consecuencia das críticas levantadas en contra deste tipo de

investigacións, así como a aparición de novos resultados en Psicoloxía e nas ramas

metodolóxicas, dou lugar a que se adoptaran novas vías de análise e estudo das actividades

educativas que englobaran as variables determinantes das mesmas, unha das máis

representativas actualmente é a do "paradigma mediacional", que intenta responder dende

unha perspectiva actual das investigación noutras ciencias sociais, á explicación do

proceso educativo tendo en conta a multiplidade de factores que o comprender, e ó mesmo

tempo a interacción destes factores entre sí.

O paradigma mediacional céntrase sobre todo no aspecto de mediación que fai

o profesor na aprendizaxe dos alumnos, a través do material ou contidos de coñecemento

dentro da situación complexa de interacción a tres bandas que se establece entre eles

(profesor, obxeto de coñecemento e alumnos), entendendo que todo se produce nun

contexto social determinado, que dalgún xeito o determina. A historia destas líñas de

investigación é moi relevante para poder comprender como se analiza na actualidade o

proceso educativo, e esta historia é a que nos dá pé para xustificar como un instrumento

imprescindible para seu estudo, a observación, pero non calquer tipo de observación

serve como instrumento de investigación, e é eiquí onde xurde a probremática que

arrastra consigo a observación como instrumento de investigación, ó estar moitas veces

exposta como contrapunto do tipo máis relevante de investigación experimental, a

investigación de laboratorio, caracterizada polo alto grado de control que pode realizar

sobre as variables de estudo.

Nembargantes, hoxe en día xa non se considera a observación como un

método non experimental ou contraposto a experimentacibn, polo que podemos observar

que é unha técnica xa desenvolta respecto ó control que se pode facer da súa utilización,

pero ademáis é o úneco instrumento que pode dar conta dunha serie de estudos, entre os

que destaca o estudo do proceso de ensino e aprendizaxe, e o seu elemento máis definidor,

a interacción que se produce nél, difícilmente medible e operacionable, senón é a través

dun instrumento de investigación como é a observación. Por último, para que esta sexa

considerada como un bon instrumento científico, debe responder a unha serie de

premisas, como son as da súa validez e fiabilidade, froito non soio do bon coñecemento da

mesma, senón tamén da súa utilización. Consideramos que hoxe en día esta técnica está

suficintemente desenvolta como para poder responder ó reto científico que debe

prantexar calquer tipo de investigación que pretenda selo. Non negamos a existencia

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!