14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

activa, pero que se pode ver na pedagoxía de actividade autoestructurante); en segundo

lugár, o alumno ten iniciativa para realizar a tarefa, pero dentro dunhas directrices

globais (máis característica da pedagoxía de actividade autoestructurante, pero que tamén

se dá na pedagoxía activa), e por último, a realización da tarefa onde hai unha falla total

de iniciativa do alumno (característica que defende a pedagoxía tradicional, e algunhas

veces a pedagoxía activa).

7) Por último, a dimensión que fai referencia ó tipo ou natureza de actuación do alumno,

en canto cumple cunha serie de directrices de recepción e atención (o alumno segue as

explicacións do profesor), execución (o alumno executa ou realiza actividades de

execución), ou reproducción (o alumno reproduce actuacións, imita, repite, etc). Estes

tres tipos de actuacións poden darse nas destintas pedagoxías, sen embargo, a segunda e a

terceira son más características da pedagoxía tradicional, aínda que a segunda pode darse

tamén na pedagoxía activa, como definidora da mesma, namentras que a primeira pode ser

un tipo de actuación, que ben pode estar contemplada na pedagoxía tradicional, pero que

obedece a un tipo de actividades de natureza autoestructurante.

O segundo instrumento, o Protocolo de Observación Directa, que utilizamos

na investigación foi utilizado sobre a base do desenvolvemento por parte do profesor das

actividades didácticas que supoñían a concreción da planificación e secuenciacibn das súas

rutinas, onde se desenvolve o proceso de ensino e áprendizaxe; éste protocolo, o temos

detallado no Anexo 1 como protocolo de observación das actividades do profesor e do

alumno a través do obxeto de aprendizaxe: a concreción da planificación educativa, así que

faremos unha referencia ó mesmo de xeito global. A base deste instrumento reside nas

denominadas variables proceso, sobre as características que definen a concreción do plan

de traballo que leva o profesor na aula, que dende unha perspectiva xeral pode facer

referencia á unha serie de elementos, que van desenvolvendose ó longo das secuencias

didácticas que van dende a súa presentación ou introducción, ó longo do seu

desenvolvemento até a avaliación ou aplicación do alumno do coñecemento adquirido, onde

podemos ver, como distintas variables: o clima e ambiente xeral da clase (v1); material

co que se se propón traballar (v2); disposición física da clase (v3); preparación para a

actividade (v4); presentación ou introducción que fai da actividade ou tarefa concreta

(v5); información sobre o contido ou obxeto de coñecemento (v6); utilización por parte

do profesor de incentivos (v7); información inicial que recolle o profesor sobre os

coñecementos dos seus alumnos referentes á materia á impartir (v8); actividades que

leva a cabo o profesor entorno o coñecemento concreto que imparte (v9); tipos de

actividade que realizan os alumnos, na actuación didáctica (v10); actividades de

extensión que realiza o profesor con respecto a outros coñecementos (v11); tipos de

- 184 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!