14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

a actividade caracteriza unha unidade de vida do home, que abarca nunha estructura

integral as correspondentes necesidades, motivos, finalidades, tarefas, accións e

operacións, vemos que esta actividade debe ser o elemento rector sobre a que debe levarse

a cabo o proceso educativo, de tal xeito que do xeito que organize o funcionamento da

mesma, potenciará a asimilación dun novo conxunto de capacidades correpondentes ós

requisitos da sociedade mesma.

Por outra banda, a actividade coma aprendizaxe ten unha relación moi

directa coas necesidades do suxeto que aprende (recordemos que a actividade dun suxeto

corresponde á algunha necesidade que a dirixe cara un obxeto para satisfacer ésta; este

obxeto estimula e dirixe a actividade); se partimos desta perspectiva, a aprendizaxe é

soio actividade real cando satisface a necesidade cognitiva para a que foi creada, e neste

caso, o coñecemento, que é o propósito de dita aprendizaxe, serve únecamente como un

motivo no que a necesidade do suxeto atopa a súa obxectividade, e ó mesmo tempo, actúa

como meta desa actividade (TALYZINA, 1981); se un suxeto que aprende ten un

determinado interés que non corresponde coa necesidade real para a que foi constituída a

necesidade, ou dito doutra forma, o seu interés non corresponde co obxectivo para o que

foi creada a necesidade, non aprenderá ou aprenderá a satisfacer outra necesidade, co cál,

a súa aprendizaxe non é xa unha actividade en sí (pode ser outra ou calquer tipo de acción

englobada noutra actividade) polo que a súa necesidade é cambeada por outra intermedia,

que dará lugar á unha acción que conducirá á outro tipo de actividade e polo tanto, outro

tio de aprendizaxe do que queríamos producir. Neste caso, o coñecemento que constituía a

meta da actividade perseguida nun primeiro momento, non realiza a función de

motivación dende o momento en que o proceso de aprendizaxe non é estimulado polas

funcións e motivos iniciais, senón que é estimulado polos motivos alternativos, que b

mesmo temp^o satisfacen outra necesidade simultánea (LEONTIEV, 1989), o que dará

lugar a outro tipo de aprendizaxe.

Un enfoque orientado cara á actividade do alumno, permítenos entender a

aprendizaxe como un proceso activo que ten lugar no individuo que aprende; este

individuo enfréntase ó estímulo, reacciona activamente, examinándóo e experimentándo

con él na situación que se presenta, co cál, realmente actúa e opera co obxeto de

aprendizaxe; este aprender non é un proceso pasivo, xa que é un proceso mediante o cál, o

suxeto asimila varias clases de actividade humán, e po'r conseguinte asimila os actos que

forman parte desas actividades que os mesmos realizan (TALYZINA, 1981). Debido á

natureza social da mente do home, as persoas non nacen con capacidades de pensar,

memorizar, fala'r, comunicarse, etc, xa adquiridas, senón que desenvolve estas ó longo da

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!