14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

oa disposición do profesor sobre a actividade da aula, ésta parece quedar desaproveitada

á hora de establecer os seus obxectivos, que están en desacordo co traballo que supoña uns

obxectivo de posibilitar unha aprendizaxe siñificativa, cos cáles correlacionan

negativamente a variable de "sole dar premios", é dicir, a pretensión de estimular ós

seus alumnos no desenvolvemento das tarefas.

B) No SEGUNDO FACTOR, que denominamos PRESCRIPCION DE TAREFAS A REALIZAR

POLO ALUMNO, é un factor que fai referencia ás actividades que desenvolve cos seus

alumnos, e así podemos ver que faise normalmente exames finais (media de 1,3 dun

intervalo de 1-2), póñense tarefas para a casa (media de 1,3 dun intervalo de 1-2),

sole utilizar o libro de texto (media de 1,3 dun intervalo de 1-2), polo que fan

referencia ás tarefas que desenvolve na súa planificación docente; neste senso, podemos

comprobar que todas estas variables obedecen a unha forma de entender o ensino, no que

as "actividades" (é necesario delimitar eiquí, que unha cousa son as actividades

educativas en sí, e outra, as actividades que reposan sobre unha planificación, en base a

úns obxectivos que pretenden unha apropiación do coñecemento por parte dos alumnos,

feito éste que non se dá cando a planificación se reduce soio a planificar actividades, ou si

se dá é de xeito encuberto, polo que poden estar potenciando calquer tipo de apropiación;

ver cap.4.4.3 para unha concreción deste ponto) xogan un papel importante no proceso

educativo (ver as investigacións de SHAVELSON e outros, 1981, citadas no capítulo 2.3),

nas que deducían que a secuencia de ensino, xeralmente víase alterada ó pasar as

actividades a ser un elemento central da planificación do proceso educativo. Neste senso,

vemos como estas variables que específicamente fan relación ás actividades educativas,

teñen unha importante carga sobre este factor, determiñando por outra banda, aspectos

pedagóxicos inconfundibles, e moi relacionados cos aparecidos nas análises

observacionais, xa que defenden unha forma de ensinar, vertical, directiva e pouco

participativa, na que os alumnos teñen pouca elección e iniciativa. Por outra banda, neste

factor, tamén constatamos a existencia da variable de, estar os alumnos no mesmo sitio

toda a clase, feito que de novo é de destacar debido a forte interrelación que teñen coas

análises previas observacionais, xa que cunha media de 1,3 (dun intervalo de 1-2) falan

da existencia dunha gran directividade por parte do profesor, así como dunha disciplina e

normas impostas dende a autoridade do docente sobre os alumnos, que en pouco favorecen

non soio a apropiación e a aprendizaxe que poden supoñer as mesmas sobre o alumno, a

nivel de desenvolvemento persoal e social, senón tamén polo que poden supoñer de

desenvolvemento da actividade do alumno, xa que unha norma imposta é difícil de cumplir

si o alumno nona sinte como beneficiosa, e son difíciles de facer gardar nun ambiente de

distensión, no que a actividade da clase recaiga sobre os alumnos (ver cap.3.2.1 e

- 203 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!