14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

comprensión polos díversos factores operacionalizados, excepto en relación con aquelas

variables que foron escollidas porque podían estar en interacción coa variable principal,

como pode ser o método de ensino que se pretende avaliar, e niste caso, o^ método

transfórmase nunha entidade nula que existe no espacio do alumno. Nembargantes, e polo

feito de que a súa existencia sexa mediatizada polo mestre, este método confirmará máis

ou menos a imaxe ideal dos seus promotores, unha imaxe enganosa; aínda no caso de que os

investigadores teñan unha idea crara de que debería facer un mestre que aplica un método

do millor xeito posible (o que é moi dubidoso), nen o descreben nen o poden descreber.

Os considerados detalles, que son o máis fundamental do comportamento adaptativo do

mestre non teñen importancia para este tipo de investigacióñs, e non fai falla

explicitalos. Respecto a isto, FRIEDMAN (1967) mostrou un fenómeno similar en

Psicoloxía Experimental, xa que as consignas dadas ó experimentador non decían máis que

unha parte do que se esperaba dél; o resto pertenecía a comportamentos non

especificados, que xurden dos axustes interpersoais (sonrisas, xestos, movementos, etc)

e que non están codificados. -

Aínda que a dinámica da interacción pode estar silenciada na exposición do

modo de empleo do método de ensino, non pode ser iñorada polo investigador que quere dar

conta do que pasa, con quén, ónde e cómo. Para poder comprender como o alumno aprende

algo na escola, é necesario poder descreber cómo os factores que interveñen na súa

aprendizaxe interactúan entre sí no seu funcionamento e ó longo dun período de tempo; o^

descreber as características idóneas que poden facilitar a aprendizaxe non quere dicir

que sexa suficinte con coñecelas para que poida ser adquiridas; as aprendizaxes

escolares son tan importantes como calquera outro tipo de aprendizaxe (motor,

linguístico, etc) de cara b desenvolvemento cognitivo do individuo. .

Nembargantes, á hora de aplicar estas aprendizaxes na escola, b longo da

historia educativa, podemos dicir que durante moito tempo creíuse que a trasmisión

eŝcolar dun contido cultural non tiña nada que ver coa xénese dos instrumentos cognitivos

(o froito do desenvolvemento natural), e deste xeito chégouse con frecuencia á ofrecer

duas imaxes en contradicción, a do ensinante frente ós seus alumnos e a do mestre frente

ós seus discípulos; no primeiro caso, o mestre parécese a unha máquina programadora,

que programa as súas actividades escolares co obxectivo de que os alumnos adquiran uns

saberes. A diferencia do mestre cun aparato mecánico (robot, video, etc) é a de que o

mestre é capaz de establecer lazos afectivos cos seus alumnos (sonreir, animar, etc). o

traballo pedagóxico eiquí sería o de crear as condicións idóneas e presentar os saberes de

xeito que fosen coidadosamente dosificados para a súa adquicisión por parte dos alumnos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!