14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

mesmo que a actividade está conexionada co motivo que ten a mesma actividade, na acción,

o concepto fundamental da mesma, é a finalidade que persegue.. Hai unha relacibn especial

entre actividade e acción, xa que o motivo da actividade pode desplazarse e convertirse na

finalidade da acción, e ó mesmo tempo, ésta acción pode convertirse en motivo dunha nova

actividade. Según afirma LEONTIEV (1983), esto é de gran importancia, xa que da lugar ó

rexurdemento de novas actividades, o que é un proceso que constitue a base psicolóxica

concreta na que se fundamentan os cambios da actividade, e polo tanto, o paso dun estado a

outro de desenvolvemento. A acción lévase a cabo mediante uns medios que Leontiev

denomina operacións, ou dito doutro xeito, son materializacións das accións que se

realizan nunhas condicións determiñadas, que según varíen, determinarán que a acción se

materialice de distintos xeitos.

Según afirma WERTSCH (1988), a Teoría da Actividade de Leontiev, pode

representarse esquemáticamente como segue: Actividade-Motivo; Acción-Obxectivo; e

Operacións-Condicións; a actividade é estimulada polo producto, que inicialmente

responde ás necesidades de cada un dos individuos que a realiza, pero ista necesidade non é

satisfeita polos resultados intermedios do producto da actividade, senon polo producto da

actividade conxunta que cada un recibe en virtude das relacións sociais; ... "a actividade

humán individual é un sistema dentro do sistema de relacións sociais. Non existe sen

istas relacións" (LEONTIEV, 1981). Para Leontiev, a actividade intelectual non está

aillada da actividade práctica, a cál incluie a actividade productiva, que é o resultado das

duas actividades precedentes.

A delimitación das accións orientadas á unha finalidade como compoñentes de

actividades concretas lévanos a prantexarnos unha serie de cuestións; en primeiro lugar,

as accións que realizan esta actividade están estimuladas por un motivo, pero á vez son

orientadas pola finalidade que perseguen; a actividade non é un proceso aditivo, e as

mesmas accións non son unidades que se incluien na composición da mesma; esta non

existe máis que como forma de accións ou de finalidades das mesmas; se da actividade

sacamos as accións, non quedará nada da mesma actividade, pero ó mesmo tempo,

actividade e acción representan realidades auténticas e non coincidentes. Unha mesma

acción pode realizar destintas actividades, ou pasar dunha a outra, co cál maniféstase a

súa autonomía.

Un nivel de desenvolvemento suficintemente elevado, permite o paso á unha

execucibn de accións máis complexas, que a súa vez, poden dar lugar a novas operacións

susceptibles de conducir á realización de novas accións. A caracterización xeral da

- 61 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!