14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

para que o mesmo se leve a cabo, pero non ó segue dun xeito lineal, senón que "...existen

unhas re/acións dinámicas a/tamente comp/exas entre os procesos evolutivos e a

aprendizaxe que non poden verse definidas por nengunha formulación hipotéctica

invariable" (VYGOTSKI, 1978).

O papel de guía e rector do ensino no desenvolvemento, tradúcese en que á

hora en que o neno asimila novas accións, primeiro orientado e axudado polo adulto e logo

por sí mesmo no que denominamos como área potencial de desenvolvemento, temos que

coñecer a magnitude desta, como un importante índice de capacidade de aprendizaxe do

neno e das súas reservas de desenvolvemento psíquico en cada momento (MUJINA,

1983), o que pode ser utilizado polo ensinante no seu devenir e en cada fase da

instrucción, abrindo camiño á dito desenvolvemento e orientandóo, ademáis de conducilo

na formación de determinadas cualidade psíquicas, ou na trasformación das cualidades xa

adquiridas.

A aprendizaxe escolar, según afirma VYGOTSKI ( 1979), aporta algo novo ó

curso do desenvolvemento do neno, xa que a aprendizaxe escolar orienta e estimula

procesos internos de desenvolvemento; a tarefa, pois, do proceso educativo consiste en

hallar o xurdimento ou desaparición das líñas internas de desenvolvemento no momento

en que se verifican durante a aprendizaxe escolar; cada materia escolar debe de ter unha

relación co curso do desenvolvemento, relación que cambea co paso do neno dunha a outra

etapa do mesmo. Así, afirma VVGOTSKI (1989), que o neno desenvólvese, educándose e

aprendendo, do que podemos deducir que a educación e o ensino incluiense no proceso

mesmo de desenvolvemento, pero esto sucede así se o proceso educativo orienta

debidamente a actividade propria do suxeto, e presenta esta no contexto histórico do seu

desenvolvemento, determinado polas tarefas socio-econbmicas da sociedade e polas

finalidades e posibilidades que persegue esa educación, que correspóndelle en dito caso ó

proceso educativo, no que "...a actividade do educador forma a persoalidade infantil en

desenvolvemento na medida en que este educador dirixe a actividade e non a sustituie... "

(DAVIDOV, 1988). Calquer intento do pedagogo, afirma RUBINSTEIN (recollido de

DAVIDOV, 1988) "...por introducir no neno o coñecemento e as normas morais, pasando

por alto a actividade propria do neno para asimilalos, socava . .. as bases mesmas do seu

desenvo/vemento... "

4.4.3. Actividade e acción como elementos diferenciadores da aprendizaxe.

Así pois, volvendo ós apartados iniciais deste capítulo, se temos en conta que

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!