14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

aprendizaxe, sen embargo, outras veces, algunhas concepcións imposibilitaron descubrir

a verdadeira esencia do desenvolvemento da psique infantil.

Neste senso, nos últimos anos, levaronse a cabo unha serie de estudios,

modificacións, reformas, etc., sobre o campo educativo, que parten das novas ideas que se

teñen na Psicoloxía, sobre o desenvolvemento e a aprendizaxe dos individuos, co obxeto de

potenciar e optimizar ditos procesos. Así, podemos ver como se adaptaron os plans de

estudios conforme ó que se cree é o desenvolvemento do neno, co obxectivo de ter en conta

o mesmo, e coa posibilidade de poder establecer un lazo de unión entre os contidos e

tarefas de ensino e o desenvolvemento dos alumnos.

Unha parte moi importante destes estudios que se realizaron sobre a

aprendizaxe e o desenvolvemento, pertenece á Jean Piaget e ós seus discípulos; súas

investigacións resaltan a importancia do desenvolvemento na aprendizaxe, e a forma en

que se levan a cabo ambos, dun xeito gradual, ó longo das diversas edades biolóxicas do

individuo. Ademáis cabe resaltar, nos mesmos, a forma de funcionamento dos mecanismos

intelectuais do individuo, polo que fai referencia b desenvolvemento do individuo no seu

medio dos obxetos, a qué se leva a cabo dun xeito organizado para o individuo, de forma

que aquél posibilita a éste a construcción de sucesivos esquemas e estructuras cos que vai

entendendo, de forma cada vez máis complexa, o seu mundo no que vive.

Este xeito de entender Piaget, o desenvolvemento, nun p^imeiro momento dá

pé para pensar que o ensino é algo independente do mesmo, xa que según unha primeira

conceptualización, os ciclos do desenvolvemento preceden sempre ós ciclos do ensino, e

éste segue sempre ó desenvolvemento sen que cambie nada de aquél. Unha segunda lectura

á obra de Piaget, fai supoñer, que si ben é certo que existe un desenvolvemento, dalgún

xeito biolóxico e caracterizado pola estructura neuronal do individuo, que vai aparecendo

ó longo da vida de interaccibn que leva a cabo o individuo co mundo dos obxetos no que

vive, tamén é certo que existen unha serie de condicionamentos na conducta do individuo

que están posibilitando dunha forma ou outra a adaptación e desenvolvemento dese

individuo no seu mundo de iguais, aínda que éstes sexan considerados como secundarios no

mesmo. A este respecto, escribíu Vygotski (1979), "o neno non é considerado como

parte do todo social,... o social tómase como unha parte allea fora do neno'; aspectos que

pódense descubrir na obra piageteana, sen embargo, queremos sinalar que hai unha serie

de aspectos que son moi importantes cara á educación: i) en primeiro lugar, a idea de que

se aprende dun xeito determiñado conduce directamente á necesidade da existencia dunha

forma concreta de ensinar; ii) en segundo lugar, o resultado de que haia un determiñado

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!