14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

funcionar conforme o tiña previsto (entón o profesor segue co desenvolvemento normal

da súa planificación), ou ben non funcionar (co cál o profesor introducirá os cambeos

pertinentes ou modifica a tarefa}. Pero non todo se reduce á planificación, senón máis

ben á concreción da mesma nas actividades educativas, resultado dunha serie de

interaccións entre o profesor e o alumno, e entre os alumnos nun determinado contexto

que vai condicionar o funcionamento planificado polo profesor; como vimos

anteriormente, non soio as variables do profesor inciden sobre o proceso educativo,

senón tamén as variables contextuais, e as variables do alumno inciden dalgún xeito no

desenvolvemento da instrucción (ver o esquema da figura 8.5 para unha representación

gráfica).

Tendo en conta este prantexamento inicial de acerca como entendemos o

proceso de ensino e aprendizaxe escolar, intentaremos, como dicíamos anteriormente,

realizar unha análise cuantitativa previa entorno o que creemos pode ser dito proceso, co

obxectivo de controlar e verificar os instrumentos utilizados, de cara a conseguir súa

fiabilidade, e con esta intención, vámonos basear nun modelo que dende a perspectiva

cuantitativa alcanzou unha das cotas máximas na investigación sobre o ensino, o modelo

de DUNKIN e BIDDLE(1974), un modelo que contempla catro tipos de variables

(SHULLMAN, 1989) (ver figura 8.6.):

Variables presaxio: características do profesor;

Variables contexto: características do contexto do centro, comunidade, da aula, e dos

alumnos, que o profesor deberá ter en conta;

Variables proceso: comportamentos interactivos na clase do profesor e do alumno,

cambeos observables no comportamento de ambos;

Variables producto: efectos observables no alumno a corto e longo plazo.

Este modelo conceptual para estudiar os procesos de ensino, é un modelo

complexo, que aínda que se mantén na perspectiva cuantitativa, enfatiza os métodos de

observación sistemática, e difícilmente pode ser tratado cos presupostos do modelo de

investigación proceso-producto; éste é un modelo que pretendemos aplicar na nosa

investigación de xeito que nos permita establecer a validez dos instrumentos utilizados,

en canto nos especifiquen a coherencia interna dos mesmos, e poidamos facer unha

xeralización, aínda que sexa pequena, dos resultados obtidos. É de resaltar, neste modelo,

a importancia que se Ile dá as variables do profesor, do alumno e do contexto da aula, o

que Ile confire unha carácter situacional dos comportamentos de ensino, para así

comprender a análise dos efectos realizados en función daquelas variables que

caracterizan cada situación peculiar da aula, e aínda que este modelo enfatiza moito as

- 165 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!