14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ilustracións, etc. O desenvolvemento distas accións constituien o contido principal do que

é o desenvolvemento cognitivo, e permiten ó individuo, actuar no seu mundo e coñecer o

medio onde levará a cabo as súas accións; estas accións psíquicas internas te"nen a súa

orixe nas accións externas, e non xurden por sí mesmas (LURIA, 1979); a actividade

material externa interiorízase e adquire a forma de actividade interna. Este proceso de

interiorización é o resultado de traducir as accións externas, ás que o individuo recurre

para solucionar un determinado tipo de probremas que se Ile prantexan nas súas etapas

anteriores, en accións internas, que é o que impulsa o progreso ou desenvolvemento

psíquico.

Sería inconsistente afirmar que o desenvolvemento cognitivo non depende da

aprendizaxe, xa que como afirma VYGOTSKI ( 1979), ... "soio a aprendizaxe que se

realiza dentro dun proceso educativo constituie a fonte do desenvolvemento intelectual e

persoal"...; para Vygotski, os procesos de desenvolvemento poseen unha variabilidade

histórica, que ten seu inicio na infancia, e que están determinados polo carácter e

condicións de cada sociedade. Para establecer a periodización deste desenvolvemento, é

necesario estudar as fontes e condicións da sociedade na cál se leva a cabo; en cada período

evolutivo lévase a cabo un certo número de actividades, unha das cáles constituie o centro

a cuio arredor xira a conducta durante dito período, dependendo de tódalas condicións de

vida do individuo na sociedade, e non soio do que Ile ensina o adulto (MUJINA, 1983).

As formas sociais de vida do home escomenzan a determiñar seu

desenvolvemento dende o principio (LURIA, 1980), xa que o neno dende que nace vive

nun mundo de cousas creadas polo traballo social producto da historia, e aprende a

relacionarse coa xente que o rodea, elaborando unha actitude cara ás cousas con axuda dos

adultos; aprende conceptos, xeralizacións, coñecementos, fórmase accións mentais,

inicialmente en forma de accións externas que os adultos forman no neno, e soio despois

trasfórmanse en accións mentais internas, que posibilitarán que o neno comenze a

realizar accións de forma independente e adquirir éstas, un carácter máis xeral e a

abreviarse.

4.2.2. A linguaxe como acción social e interna: unha ferramenta

imprescindible no desenvolvemento cognitivo humán.

O neno domina a súa propria acción a traveso da súa propria conciencia e control;

cando adquire o control conscinte sobre unha nova función ou sistema conceptual, é entón

cando ven a ser capaz de utilizalos como unha ferramenta (BRUNER, 1985); neste

- ?4 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!