14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

elacionada coa materia que estou explicando (media de 4,4), considero relevante que as

actividades teñan en conta o nivel participativo do alumno (media de 4,6), é habitual que

a explicación que dou na clase sexa con exemplos que o alumno poida comprender (media

de 4,5); considero moi importante coñecer os aspectos dos alumnos para plantexar a

millor forma de ensinarlle (media de 4,4), gústame que os meus alumnos me

interrumpan para facer preguntas sobre o tema que Iles explico (media de 4,15); é

frecuente en mín facer preguntas para saber si os alumnos me entenden ou para que

participen na clase (media de 4,65); os nenos que presentan dificultades, débeselle de

prestar máis apoio (media de 4,7). Pódese comprobar como nas variables que forman

parte deste factor (ver táboa 5 do anexo IV), hai unha serie de plantexamentos que

defenden unha forma de entender o proceso educativo que o profesor está propugnando, e

na que éstá moi presente e activa, a figura do profesor.

Neste senso, podemos dicir que hai unha serie de criterios que podemos

deducir deste factor: en primeiro lugar, hai unha gran coherencia interna no mesmo,

cuias medias das variables son bastante altas, o que implica un grado dacordo

suficintemente alto respecto a tódalas variables; en segundo lugar, dedúcese neste factor

que o profesor dá gran importancia a unha serie de principios pedagóxicos, como son: i) b

papel participativo do alumno na súa planificación, ii) coñecemento do estado inicial do

alumno, iii) contextualización da aprendizaxe no mundo de siñificados do alumno, en

canto á estructuración dos contidos e adaptación dos mesmos no contexto social e cultural

do alumno, iv) ter en conta a avaliación formativa e contínua para comprobar si o alumno

aprende siñificativamente, é dicir, Iles dá un siñificado ós coñecementos aprendidos, v) a

acentuación e adecuación do nivel de axuda ós alumnos, acentuandóo máis nos alumnos que

teñan necesidade da mesma; en definitiva, vemos especificados eiquí toda unha serie de

principios que se poden entender e defender dende unha perspectiva dun bon ensino. En

terceiro lugar, constátase, de novo, o papel protagonista do profesor, nunha función de

autoridade e control sobre as actuacións psicodidácticas, nas que non cabe outro tipo de

actuación, reflexadas nas variables deste factor nas que non esté presente o mesmo; neste

senso, cabe destacar o alto grado de influencia que ten o profesor en tódalas variables,

polo que respecta á metodoloxía da ĉlase, na que facilita, intervén, media nos procesos de

aprendizaxe do alumno, o que dalgunha maneira novamente presenta unha falla de

iniciativa do alumno na súa aprendizaxe, así como un non recoñecemento das variables

que fan referencia á aprendizaxe do alumno. É importante destacar eiquí o sentimento que

ten o profesor dos alumnos como grupo social onde están integrados, ó facer referencia ós

alumnos nun senso global de grupo de clase ou aula, como se pode observar en tódalas

variables deste factor, do que podemos deducir que asume un papel de director ou "líder"

- 214 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!