14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

1.4. Cara un modelo de análise do proceso de ensino e aprendizaxe escolar:

a investigación educativa.

A aprendizaxe escolar, podemos dicir, é unha aprendizaxe que non é optativa

para os seres humáns, e non cabe supoñer que o sexa para os alumnos que están dentro

das aulas; a cuestión básica da mesma non resede en considerar que algúns alumnos

aprenden e outros non, xa que podemos dicir que todos aprenden algo; a cuestión resede en

que moitos alumnos, por unha diversidade de razóns, non parecen estar aprendendo o que

o docente e a escola pretenden estar ensinando (ERIKSON, 1989); entre as ^moitas

preguntas que nos temos que prantexar algunha delas responde a como segue: ^por qué

sucede esto? ^cáles son as causas que inciden nista situación?.

Moitas veces á hora de prantexarnos as respostas a certas preguntas,

atopámonos con que istas respostas non son senón outras moitas interrogantes tales como

as que aparecen a continuacibn: ^cómo analizamos o proceso onde se leva a cabo esa

aprendizaxe e isa non aprendizaxe? ^cómo é dito proceso, e cómo se activa dita

aprendizaxe?; algunhas veces ó intentar responder a tales prantexamentos, chegamos a

asegurar que non existe un"mundo real na aula", un mundo da aprendizaxe e do ensino

escolar, senón que hai moitos mundos reais, cicais incorporados un dentro doutro, cicais

ocupando universos paralelos que a cotío, e a veces de maneira imprevisible interactúan

entre sí (SHULLMAN,1989). Cada un deses mundos está composto de seres cunhas

características determiñadas, con propósitos destintos e con coñecementos variados, cuia

variedade dá lugar a un ampleo conxunto de modelos teóricos, dependendo xa non soio

diste marxe de variables, senón tamén dos métodos de investigación que escollamos, e o

fin que persegamos con dita investigación.

1.4.1. Estudiando para entender a interacción educativa.

O estudo da interacción educativa engloba principalmente, e debe basearse

nos elementos que a delimitan, por unha banda o profesor, por outra os alumnos, e

interactuando entre sí sobre un terceiro elemento, o material de aprendizaxe, sobre o

que se leva a cabo a actividade conxunta caracterizada polos atributos siñificativos dos

actores (SHULLMAN, 1989), as capacidades ou características relativamente estables e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!