14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

que teña a actividade para producir as aprendizaxes específicas que favorezan as

experiencias educativas; a actividade non soio debe ir encamiñada cara o desenvolvemento

operatorio, senón tamén cara o desenvolvemento da experiencia humán organizada na

cultura, e polo tanto cara o seu desenvolvemento intelectual global, froito da súa

interacción social, mediatizada pola cultura. A nivel pedagóxico, quere esto dicir, que non

soio é importante que o suxeto leve a cabo unha actividade autoestructurante, senón que

tamén esa actividade debe de ser organizada entorno a uns coñecementos específicos que

potencien o bon desenvolvemento do individuo que poidan posibilitarlle unha interacción

social rica, que ó mesmo tempo Ile supoña unha boa adaptación ó seu medio social.

Neste caso de actividade, o profesor debe de estructurar e organizar os

contidos de coñecemento culturais, de xeito que teñan unha conexión co medio do alumno,

partan do seu desenvolvemento efectivo, e entren na zona de desenvolvemento potencial,

é dicir establezan un lazo de unión co que alumno xa sabe, e a vez desenvolvan eses

coñecemento de xeito o máis potencialmente posible, e vaian dotando ó alumno dunha

aprendizaxe siñificativa que Ile posibilite, non soio os coñecementos referentes á ese

obxeto de coñecemento, senón tamén as súas aplicacións respecto ós demáis, e respecto ó

mundo dos obxetos no que vive. Para eso, é necesario que o profesor guíe, andamie, e vaia

posibilitando as sucesivas apropiacións do coñecemento, por parte do alumno (unha

extención destes prantexamentos figura no capítulo 6 da parte III).

8.4. Proposta dun modelo de análise do proceso interactivo escolar:

necesidade de instrumentar un prantexamento previo.

A construcción dun modelo explicativo que teña senso dentro dun marco

experimental conleva consigo o establecemento de instrumentos que aseguren a súa

validez. Como observamos nos primeiros capítulos, correspondentes a Parte I do contido

teórico desta investigación, non existe un programa de investigación úneco que poida

comprender todos e cada un dos feitos educacionais, o que en palabras de L.S.SHULMAN

(1989) pode ser superado por medio dunha mezcolanza adecuada entre as insuficiencias

duns programas determiñados, e a insuficiencia doutros programas. Esta práctica non se

observ,ou, aínda moito, na investigación educativa, e polo tanto, cabe esperar que se

fomente a respectiva investigación que conleve a un prantexamento do estudio do proceso

educativo, o suficintemente ampleo para recoller a información máis compteta do que

acontece no mesmo. ^

- 155 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!