14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

enterarse para que están na escola, e verlle senso e siñificado á consecución da súa

aprendizaxe escolar.

Por outra banda, cando se Ile pregunta sobre unha serie de relacións que

pode atopar entre actividades da esco/a e actividades da súa casa ou barrio, e así cando se

Ile preguntan sobre as actividades preferidas, as respostas aducen todas, a actividades que

fan dentro da aula, sendo cando se Ile preguntan con que materiais, cando recurren a

aspectos materiais implicados nas asiñaturas de traballos manuais ou artísticas; por

outra banda, cando se Ile pregunta con quen prefiren aprender, responden co profesor ou

con seus pais, indistintamente, non habendo máis posibilidades enumeradas. Respecto á

relación entre o xogo e a aprendizaxe, cando se Iles pregunta sobre a posible relación

entre o xogo e a aprendizaxe, a maioría deles pensan que non existe relación entre

ambas, contrapoñendo moitas veces o xogo á aprendizaxe (85%); respecto ó sitio en que

se poden facer ambos, os alumnos pensan que xógase nos patios, parques, e xeralmente en

espacios abertos (75%) , namentras que soio se aprende na clase (90%); cando se Iles

pregunta sobre os xogos preferidos, a maioría (95%) describen deportes como

baloncesto, futbol, etc, sendo 0 5% restante que dá respostas como o de xogar á corda, o

bridlé, etc.

Respecto ás actividades que os alumnos realizan, pregúntaselle o gusto para

traballar, escollendo as actividades individuais como preferidas para os fraballos

escolares (100%), e as actividades colectivas cos demáis compañeiros non son as

preferidas (75% dín que non), sendo os que afirman queren traballar con eles para

divertirse ou en traballos que poidan evadirse do mesmo e pasalo ben, tendo unha

percepción da actividade cos compañeiros de senso lúdico, non percibindo unha necesidade

de traballar con eles, contestando a esta pregunta ^para qué? (95%). Sen embargo, un

80% consideran que traballar co profesor é moi importante e deseable, xa que axuda e

pódese aprender con él.

Respecto á percepción de normas que teñen na clase e o colexio, tódolos

alumnos coinciden en sinalar a importancia de cumplir unhas normas, aínda que non

saben moi ben por qué, non comprenden a necesidade de que as haia, nos que algúns din

que si nón as houbera non se traballaría, outros que se romperían as cousas, etc,

contestando sobre a necesidade de que as haia, un 70% que non ven a necesidade de que

existari, contestando en todo caso que sería unha cousa que sacarían si puderan, o que nos

pode dicir do grado de interiorización que teñen das mesmas normas como resultado da

imposición das mesmas e non da negociación conxunta cos alumnos.

- 226 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!