14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

mesmo. Aínda que o estudo sobre a influencia dun desenvolvemento noutro ten unha

extensa bibliografía, vamos a centrarnos no desenvolvemento en xeral, reflexado nos

destintos estudos evolutivos; en primeiro lugar un punto común no que coinciden tódolos

estudos en desenvolvemento, é en sinalar que a finalidade derradeira da educación debe de

ser a do crecemento do individuo humán, coincidencia que á vez, provoca a aparición de

diversas discrepancias á hora de prantexar qué se entende por iste crecemento e qué tipo

de accións son as máis adecuadas para procuralo; como resultado destas discusións, é

xurde a existencia de destintos enfoques e alternativas á hora de percurar e establecer un

proceso educativo ou outro, e polo tanto, un tipo de actividad pedagóxica ou outro .

1.3.1. A concepción sistemática do proceso educativo: o reflexo dunha

interacción contínua.

Durante moito tempo, existíu unha tendencia a considerar que o acto de

ensinar e o acto de aprender podían considerarse por separado (POSTIC, 1982), en lugar .

de supoñer que a interacción entre os dous elementos supoñen a explicacibn de cómo é o

proceso educativo na escola; nembargantes, a definición da interacción que se realiza,

está englobada dentro da problemática interna do proceso educativo, polo que se refire a

qué comportamentos queremos obter, por qué esos e non outros e a siñificación das

actividades polo docente e para os alumnos, o que en derradeiro lugar, permítenos

remontarnos ás finalidades pedagóxicas anteriores; a veces, nen siquera as finalidades se

recoñecen nas modalidades prácticas de organización pedagóxica cando son declaradas en

intencións, ou ben en preocuparse dos obxectivos operacionais antes que das finalidades.

A preocupación por racionalizar a pedagoxía e axustar millor os actos de

ensinar e de aprender, conducíu ós ensinantes a interesarse pola definicións dos

obxectivos educativos; ista preocupación dou lugar á análise e prantexarnento das

destintas traxectorias e prantexamentos do proceso de ensino e aprendizaxe, e, en

consecuencia, a elaboración de estratexias e programas de aprendizaxe mínimamente

racionais. Nembargantes, os teóricos da aprendizaxe, moitas veces, levaron a cabo

consigo, un estudo do acto educativo centrándose exclusivamente na aprendizaxe,

desligandóo do acto de ensino, descoidando as influencias interpersoais que se exercen na

situación pedagóxica que teñen como soporte a aprendizaxe escolar, e olvidando que os

alumnos, actores do proceso educativo, actúan nun medio caracterizado pola situación de

interacción dos destintos factores psicolóxicos, sociais, biolóxicos, ideolóxicos e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!