14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

actividade mental está determiñada pola práctica social, e ten unha estructura afín á ela;

a actividade é a sustancia da conciencia humán. Vamos ver posteriormente algunhas

especificidades disa clase de actividade xeneradora de coñecemento.

3.2.1. O caracter social e cultural da actividade: o paso da actividade

externa á actividade interna como orixinadoras do desenvolvemento.

Na teoría de A. LEONTIEV, o concepto de actividade está ligado coa afirmacibn

da idea acerca do seu caracter obxetal; neste caso, o obxeto non se comprende como algo

existente de por sí e actuante sobre o suxeto, senón como ... "aquelo ó que está dirixido 0

acto"... é decir, como algo co que o ser vivo se relaciona, e que é o obxeto da súa

actividade, xa sexa esta externa ou interna (LEONTIEV, 1989). A actividade do suxeto

está ligada a certa necesidade, que provoca a súa tendencia á búsqueda, na que, á o mesmo

tempo, se manifesta a actividade mediante a cál o suxeto palpa o obxeto e convírteo no seu

motivo máis concreto. Así, a actividade do suxeto xa non é dirixida polo obxeto mesmo,

senón pola imaxen que ten o suxeto do obxeto, xurdida na situación de búsqueda no proceso

mediante o cál, a actividade deste suxeto aseméllase ás propiedades do obxeto, non como un

proceso unilateral de acción do obxeto sobre o suxeto, senón como un proceso bilateral de

acción entre o suxeto e o obxeto. Esto dá lugar á xeneración dun proceso psíquico por

parte do obxeto nos suxetos, e no que a actividade xoga un papel esencial de interacción

activa suxeto-obxeto que dá lugar, como resultado, á existencia dunha aprendizaxe.

Dende esta perspectiva, o concepto de actividade, examínase en psicoloxía á

luz de dúas funcións: como principio explicativo (estudio iniciado por L.S. Vygotki e S.

Rubinstein e continuado por A. Luria, A. Leontiev e outros.) e como obxeto de

investigación, cuio estudo tamén iniciou Vygotski pero foi realizado de forma

particularmente intensa por A. Leontiev e os seus seguidores (DAVIDOV, 1988). Un dos

principais métodos de estudo dos procesos de xurdemento e desenvolvemento do reflexo

psíquico foi a análise dos cambeos que na actividade obxetal é mediatizada pola vinculación

do suxeto co mundo real. A evolución posterior do comportamento e a psiquis dos animais

pode ser correctamente comprendida como historia do desenvolvemento do contido obxetal

desa actividade, característica básica e constituinte da mesma actividade. A análise

psicolóxica da actividade non consiste en localizar nela os elementos psíquicos que a

constituien para o seu estudo posterior, se nón en discernir as unidades que conten en sí o

mesmo reflexo psíquico, que é o que en definitiva, regula a actividade no medio dos

obxetos, e polo tanto, é algo inseparable da actividade humán que o mesmo tempo, o

xenera e é mediatizada polo mesmo (A. LEONTIEV, 1989).

- 58 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!