14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

(media de 3,7 nun intervalo de 1-7), así como a hora de clarificar ou interpretar o que

se fixo (media de 2,91 nun intervalo de 1-5) onde ocupa un lugar medio dende o ponto

inferior, que siñifica unha non intervención ou que o peso desta reside sobre o alumno,

até a intervención do profesor de forma clara e específica. Polo que se refire a esta

primeira parte do factor, que destaca a intervención do profesor sobre a corrección e

avaliacibn das tarefas escolares, vemos que a cantidade de intervención non é baixa, senón

máis ben reside entre media e baixa, facéndose ésta de xeito dirixido, pero máis ben

pouca respecto a actuación que ten o alumno na siñificación das suas tarefas. Tamén

podemos ver que a disponibilidade do profesor para facilitar a actividade nas tarefas non é

abundante, xa que estes pontos medios son baixos. Esta sería a primeira parte deste

factor; en segundo lugar podemos ver neste factor, como non existen unhas actividades de

extensión da tarefa (media de 1,2 dun intervalo de 1-4, sendo 1 non facer extensión até

4 facer unha extensión siñificativa e contextualizada das tarefas), a utilización por parte

do profesor de incentivos motivacionais é baixa, decantandonse cara a parte negativa

desta variable (media de 1,57 dun intervalo de 1-2), ou utilizaos unhas veces sí e

outras non, non sendo ou seguindo un orde pouco frecuente, e máis ben sendo incentivos

externos, e cando se refire a dar importancia a trasmisión dos contidos, non sole facer

relación con outras informacións, ou si as fai é dun xeito circunstancial (media de 1,43

dun intervalo de 1 a 4, índo este de non facer relación dos contidos con outros

coñecementos, até realizar unha relación siñificativa e dar indicacións sobres as

mesmas).

B) No SEGUNDO FACTOR, que denominamos DISPOSICION DO ALUMNO NA AULA, aspecto

éste que ten unha siñificación especial, xa que da forma en que poida estar situado 0

alumno, así podrá levar a cabo distintas clases de interacción cos demáis alumnos e así

podrá ver a disponibilidade do profesor para estabtecer unha relación con él e non outra

(véxase anexo II para ter unha composición da disposición das clases); neste factor,

vemos que hai duas variables que obteñen unha carga positiva e duas que obteñen unha

carga negativa, o que dalgunha forma afirman as duas variables iniciais. Vemos así que o

alumno, si ben non se distrae de forma xeral (media de 1,13 dun intervalo de 1-2), sí

traballa independentemente, feito que se pode observar na variable de disposición física

da clase (media de 1,64 dun intervalo de 1-4, sendo 1 de forma individual, e catro de

forma colectiva). Este tipo de disposición imposibilita o establecer unha relación

colectiva, xa que o alumno ó estar disposto en fila, difícilmente pode falar cos

compañeiros que están o lado, ó haber unha distancia entre ambos, ademáis dunha postura

difícil, e casi imposible para poder establecer unha relación cos compañeiros de atrás, b

ter que darse a volta para facelo, feito éste non facilitado pola intervención do profesor

- 19? -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!