14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ecoñécese con craridade, poucos foron os estudos, até agora, que analizaron

sistemáticamente a interacción entre grupos, respecto da influencia que ten a mesma na

aprendizaxe dos suxetos. Tradicionalmente, os estudos sobre a interacción educativa

centráronse en destacar a interacción profesor-alumno cómo a máis sinalada e

representativa de cara á favorecer a aprendizaxe dos alumnos, sustentando a idea de que

as relacións que se establecen entre os alumnos ó longo das actividades educativas teñen

unha influencia secundaria, cándo non molesta ou indeseable sobre o seu rendemento

(JOHNSON, 1981).

Dende esta perspectiva anterior, o que se intenta, é reducir á mínima

expresión, as relacións alumno-alumno, de xeito sistemático, entendendoas cómo fonte

potencial de conductas perturbadoras na aula, e potenciar así, que a planificación das

actividades educativas repose na primacía do traballo individual e da interacción

profesor-alumno (COLL, 1984), rechazando a interacción alumno-alumno como unha

interacción que non ^ soio é perturbadora, senón que ademáis inútil cara a aprendizaxe

escolar; con esto non queremos dicir que as duas clases de interacción non estean

relacionadas, xa que da interacción profesor-alumno, despréndese un tipo determiñado de

interacción alumno-alumno que pode ser máis ou menos rica, dependendo da considerada

carga negativa ou positiva que se derive para relación profesor-alumno que vai dar pé á

este tipo de interacción.

Sen embargo, podemos observar que ó longo destes derradeiros anos,

aumentou o interés pola interacción alumno-alumno, e a relación que garda este tipo de

interacción con respecto á aprendizaxe deses mesmos alumnos; moitos destes estudos

centráronse no réxime de comunicación ou relación que establecían eses grupos, e máis

específicamente, sobre dous tipos determiñados de interacción; a competitiva e a

cooperativa. Como resultado destes estudios pódense observar unha serie de conclusións,

entre a que podemos destacar como máis relevante, a de que unha característica clave que

destingue unhas situacións doutras situacións de aprendizaxe, é a interacción que se

establece entre os alumnos (WEBB, 1982).

Aínda que todos estes estudos chegan a conclusión de que o traballo entre

grupos é beneficioso para a aprendizaxe, ditos estudos non traballaron aspectos relativos

á interacción, senbn que centráronse, máis ben, sobre variables como a competencia e o

rendemento. A maior parte destes estudos, intentaron predecir os logros a partires

dalgunhas características do individuo, do grupo ou da tarefa de traballo, polo que debido a

esto, presentan cuadros incompletos sobre a influencia que exerce o traballo en grupo

- 126 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!