14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Vygotski e os seus seguidores, lembremos que o desenvolvemento prodúcese

interiormente, a nivel individual (intrapsicolóxico), no que a conciencia intelectual

posibilita a acción no seu medio por parte do suxeto (b coñecer o desenvolvemento

efectivo posibilita establecer o desenvolvemento potencial), pero esta conciencia

establécese nun primeiro momento nas relacións interpersoais (que varían entorno as

súas características, funcións e posibilidades), e que en definitiva dependen do

desenvolvemento cognitivo interno do individuo, polo que é unha razón primordial que

para potenciar un desenvolvemento, é necesario coñecer o desenvolvemento real e

efectivo nun momento determiñado no que se leva a cabo a actuación pedagóxica.

Este desenvolvemento é o que vai posibilitar a actividade do proprio suxeto

dentro do marco interactivo escolar, e non o contrario, xa que o marco da interacción non

pode ser o que determine a actividade do suxeto, aínda que o determine relativamente,

pero dentro das posibilidades reais do propio individuo; é algo moi importante a ter en

conta, xa que moitas veces pénsase ou actúase como si o alumno teña que chegar ó nivel de

interacción estipulado polo profesor, e non o contrario.

Esto non quere dicir que as relacións intepersoais non teñan a súa

importancia e relevancia na construcción e desenvolvemento dos procesos cognitivos, xa

que como afirma VYGOTSKI ( 1979), a importancia da interacción social é un elemento

desencadeante na adquicisión do coñecemento. Lembremos que para Vygotski, o

coñecemento adquírese nun primeiro momento, nun nivel interpsicolóxico, na relación

entre persoas, para a continuación posibilitar que se leve a cabo no interior do individuo

(a nivel intrapsicolóxico).

É necesario diferenciar as duas cuestións previas, xa que, para que

poidamos posibilitar a adquicisión dun novo coñecemento, temos que, por unha banda,

determinar o desenvolvemento efectivo que ten o individuo, caracterizado polo seu

desenvolvemento evolutivo (froito da maduración biolóxica e a súa relación co medio), e

os coñecementos previos que ten adquiridos (que orixinan o desenvolvemento das funcións

psicolóxicas superiores como son a linguaxe, a memoria, etc). E por outra banda,

partindo dese desenvolvemento efectivo, é necesario crear os desequilibrios pertinentes

(desaxuste óptimo) posibilitando os instrumentos ou medios necesarios para que o

alumno poida superar mediante reequilibracións nos seus esquemas ou creando novos

esquemas, poida xenerar novos coñecementos, algo que, dende a perspectiva vygotskiana,

pode entenderse como a área de desenvolvemento próximo, ou aquela distancia que

mediante a axuda dun suxeto máis capaz, e coa súa guía, camiña dende o desenvolvemento

- 122 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!