14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

actividade ten un gran interés para a psicoloxía, que pode server de base para a

investigación detallada da mesma e das formacións psicolóxicas que aseguran a súa

estructuración e funcionamento; ZINCHENKO (1985) propón que a actividade sexa a

unidade de análise que proporcione a organización dinámica das relacións interfuncionais;

cando consideramos unha acción dirixida a un obxectivo e mediada por instrumentos como

a implicada na construcción dun obxeto dacordo cun modelo, podemos observar a

percepción, a memoria, a solución de probremas, e a atención corr^o implicadas e

coordenadas necesariamente nunha unidade de verdadeira vida psicolóxica (WERTSCH,

1988); nengunha delas por separado pode facer entender o seu conxunto, xa que a

percepción, a memoria, a atención danse nun conxunto estructurado, e non existen sen o

mesmo conxunto coordenado. O concepto de actividade proporciona a unidade básica de

análise que Vygotski e os seus sucesores habían estado utilizando na súa investigación de

xeito parcialmente articulado.

3.3. A Conciencia e a súa relación coa Actividade na Psicoloxía Soviética.

Vamos facer referencia a continuacibn ó concepto de Conciencia na Psicoloxía

Soviética para poder entender de xeito máis claro o que é a actividade, e que papel xoga no

desenvolvemento de aquéla; podemos dicir que a actividade non pode ser exáminada

separadamente da conciencia, xa que esta xurde na actividade e logo á mediatiza

(DAVIDOV, 1988); o estudo da actividade debe de estar en estreita relación coa

investigación dos procesos de xurdemento e funcionamento da conciencia humán. Pero,

^cál é a concepción de conciencia á que facemos referencia? ^qué entendemos por

conciencia dende a perspectiva vygostkiana?; para Vygotski, a conciencia é o contacto

social que pode facer un ser humán consigo mesmo, froito á vez do contacto social que ten

cos demáis seres humáns (RIVIERE, 1985). A conciencia ocupa un lugar central da teoría

vygotskiana, e de feito foi unha das primeiras cuestions ás que se dedicou Vygotski.

VYGOTSKI (1979) opúsose a que a conciencia debía ser abolida como

constructo científico, e baseaba a súa decisión no desexo de buscar unha psicoloxía

unificada, argumentando que era posible concebir a conciencia como unha organización

observable obxectivamente do comportamento, que nos é imposta ós seres humáns a

traveso da participación nas prácticas socio-culturais; este criterio de organización é o

fundamento da súa concepción de conciencia. Así, mentras Leontiev e Rubinstein

elaboraron seus traballos entorno a noción de conciencia, Vygotski soio dedicou algúns

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!