14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

a que o alumno poida aprender siñificativamente, en canto se Ile presentan os contidos de

aprendizaxe a unha distancia óptima entre o que o él sabe(desenvolvemento efectivo) e o

que queremos que chegue a saber (desenvolvemento potencial); cando a distancia entre

estes saberes é grande (non hai un desaxuste óptimo e o desequilibrio é moi grande, polo

que non pode establecer uns nexos cos novos contidos), ou moi pequena (co cál non sinte a

necesidade de revisar os seus esquemas de coñecemento), prodúcese unha desmotivación e

polo tanto un bloqueo de cara á aprendizaxe, ou ben chgga a realizar aprendizaxes

mecánicas ou repetitivas dos novos contidos ou coñecementos.

6.3.1. A importancia da planificación na motivación das aprendizaxes

escolares.

Neste senso, cabe sinalar con respecto á motivación, que non pode deixarse ó

azar a posibilidade de que as novas aprendizaxes creen novos intereses nos alumnos

(COLL e SOLE, 1989), xa que poden estar creando novos obxectivos que non coincidan cos

obxectivos prantexados pola aprendizaxe escolar (lembremos eiquí, a diferenciación que

fai a psicoloxía soviética, que vimos no capítulo 4, entre acción e actividade, e como a

creación dun novo interés conleva a creación dunha acción ou dunha nova actividade);

para que eso non suceda e non cheguemos a unha situación de desmotivación respecto á

aprendizaxe que se quere conseguir, é necesario que establezamos unha planificación

organizada e sistemática, na que partamos, en primeiro lugar, do que o alumno xa sabe

(desenvolvemento efectivo), en segundo lugar, da competencia que posee ese alumno

(desenvolvemento evolutivo), e, en terceiro lugar, da potencialidade que pode

desenvolver ese alumno (dada polos coñecementos que xa ten adquiridos e as estratexias

que posee).

Deste xeito, esta sistematización e organización debe de ir comprendida

nunha programación de sistema aberto, onde o que ensina chegue a controlar o progreso

do alumno, replanteandose as suas decisión previas no caso en que fixera falla, reposando

para eso, nunha interacción que se estableza entre o profesor e os alumnos

suficintemente dinámica e rica para que posibilite unha acción pedagóxica que poida

servir realmente de axuda e andamiaxe á construcción do coñecemento por parte deses

alumnos. En tódolos casos, non pode olvidarse que un dos principais elementos

motivadores reside eiquí, en que a aprendizaxe ten que ter senso para o alumno, e éste

debe darlle un siñificado ás actividades que leve a cabo ou se vexa inmerso, xa que

debemos de contar que o alumno "...tende ó éxito que pode aspirar e o axusta ou equilibra

ás súas posibilidades de acción" (GENOVARD,GOTZENSeMONTANE,1989).

- 119 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!