14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

consecuencia, aprenden informacións que doutro xeito non aprenderían; WITTROCK

(1974) tamén subliñou a importancia do papel activo que o estudante desempeña na

reestructuración da información, na que o individuo procesa, pasa e reformula a

información e os argumentos presentados por outros membros do grupo; cando os

alumnos que traballan nun mesmo grupo se axudan mútuamente, poden comparar a nova

información coa xa existente neles e modificar e sustituir conceptos que xa ten

adquiridos, conforme vexa necesario (WEBB, 1982). Neste caso, cobran especial

importancia, as variables socio-emocionais, tanto respecto á cantidade e tipo de

interacción do grupo, como a cantidade e tipo de axuda ofrecida e recibida.

Por outra banda, unha tarefa mútua exixe colaboración, e na cál os

compañeiros traballan xuntos para producir algo que normalmente nengún deles houbese

podido producir por sí soio; dende este ponto de vista, unha serie de investigacións

(MUGNY e DOYSE, 1978; PERRET-CLERMONT, 1979) utilizando tarefas directamente

analizables en términos de compoñentes operativos, chegan a conclusión de que a

interacción entre compañeiros aumenta o desenvolvemento do razonamento lóxico, a

través dun proceso de reorganización cognitiva activa, inducida polo conflicto cognitivo

que aparece, á súa vez, con maior facilidade naquelas situacións nas cáles, pídeselles a

uns nenos con perspectiva moderadamente discrepante, que alcancen un consenso. A

natureza do conflicto concíbese como o resultado da confrontación entre os esquemas de

coñecemento que se produce no trascurso da interacción social.

LOMOV ( 1978) e KOLITSOVA ( 1978), utilizando tarefas parecidas ás dos

experimentos anteriores, e facendo referencia á adquicisión de conceptos sociais,

chegaron á conclusións parecidas, e así concluían que a interacción entre compañeiros

axuda a millorar o coñecemento individual, e integra unha variedade de perspectivas

relativas a un probrema que produce resultados intelectuais superiores.

6.5.2. A importancia das teorías de Vygotski e Piaget na interacción entre

alumnos e a súa repercusión na aprendizaxe escolar.

É necesario destacar eiquí, a importancia da obra de Piaget no estudo da

interacción entre iguais, onde aparece a noción de desequilibrio como un conflicto

cognitivo; dende esta perspectiva, non interesa describir ou expricar os procesos sociais

interactivos como un todo, xa que búscase máis, a evidencia do conflicto que a influencia

que poidan ter eses factores sociais no mesmo; así, dende o ponto de vista piageteano, a

interacción entre compañeirosen particular e as experiencias sociais en xeral, derivan a

- 128 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!