14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

eacción, non no obxeto, senón noutra persoa . .. máis tarde, cando o neno é capaz de

re/acionar seu fallido movemento de agarrar coa situación obxectiva como un todo,

escomenza a interpretar dito movemento como acto de sina/ar ... dun movemento

orientado cara un obxeto convírtese nun movemento dirixido a outra persoa, nun medio

de estab/ecer re/acións. O movemento de asir trasfórmase no acto de sina/ar ...

convírtese nun verdadeiro xesto soio despois de manifestar obxectivamente tóda/as

funcións de sinalar para outros e de ser comprendido polos demáis como tal. Seu

siñificado e funcións críanse, ó principio por unha situación obxectiva, e logo po/a xente

que rodea ó neno `:.. (VYGOTSKI, 1978).

Como podemos observar neste exemplo, a internalización é un proceso

implicado na trasformación dos fenómenos sociais, proceso que según VYGOTSKI (1978)

consiste nunha serie de cambeos: ( i) unha operación que inicialmente representa unha

actividade externa, reconstruíese e escomenza a suceder internamente. É de especial

importancia para o desenvolvemento dos procesos mentais superiores a trasformación da

actividade que se serve de signos; (i i) un proceso interpersoal queda trasformado noutro

intrapersoal. Tódalas funcións psicolóxicas orixínanse como relacións entre seres

humáns; (iii) a trasformación dun proceso interpersoal nun proceso intrapersoal, é o

resultado dunha prolongada serie de sucesos evolutivos. O proceso, aínda que trasformado,

segue existindo e cambea como unha forma externa de actividade durante certo tempo

antes de internalizarse definitivamente. Sua internalización está vinculada a cambeos nas

leis que rexen súa actividade, e incorpóranse nun novo sistema soas suas proprias leis. A

noción de internalización soiamente era aplicable ó desenvofvemento das funcións

psicolóxicas superiores, e polo tanto, á líña social e cultural do desenvolvemento. A

internalización do plan interpsicolóxico, implica a reconstrucción da actividade

psicolóxica en base ás operacións, e reconstruiense para formar unha nova entidade

psicolóxica, cambeando súa estructura e funcións (VYGOTSKI, 1979).

ZINCHENKO (1985) sinala como a perspectiva de Vygotski rechaza tanto a

suposición de que as estructuras da actividade externa e interna sexan idénticas como de

que non estean relacionadas. LEONTIEV ( 1989) afirma que este proceso non consiste na

trasferencia dunha actividade externa a un plano interno preexistente, senón que son os

procesos mediante os cáles é formado este plano interno. Como sinalaba no exemplo

exposto anteriormente de Vygotski, a formación do plano interno vaixe facendo pouco a

pouco, e unhas funcións tardan máis e outras menos en internalizarse; algunha adquire o

carácter de proceso interno como resultado final dun prolongado desenvolvemento,

namentras que para outras, o seu estado final é unha forma externa de actividade

- 80 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!