14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

En conclusión, según os datos observados, e a análise dos nosos rexistros,

refléxanos que o proceso educativo, á luz dos rexistros de observación, dáse dun xeito:

- directivo por parte do profesor, que realiza unha laboura interventora total,

absorvendo o que pode haber de actividade do alumno, de construcción do coñecemento, de

directrices por parte do alumno.

- obsérvase unha ausencia de protagonismo do alumno na súa aprendizaxe, e no que tiña

que ser súa construcción do coñecemento, carecendo dunha análise sistemática das tarefas

por parte do profesor, feito éste que se observa na falla de directrices específicas sobre

as tarefas concretas.

- interfírese no normal desenvolvemento do alumno, non facilitando a súa actividade

sobre os obxetos de coñecemento, o que dalgún xeito imposibilita a súa apropiación deses

coñecementos, e polo tanto o desenvolvemento social e cultural que Iles posibilite unha

aprehensión e unha boa adaptación á realidade.

Todo esto conleva a que os procesos de motivación intrínseca na aula sexan

bastante baixos ou prácticamente deficitarios. Podíamos dicir, dalgunha forma que a

motivación escolar estaría orredor de intervencións de rutina, onde o profesor non

desempeña unha intervención clara, aínda que o seu papel sexa de control e dirección

constante das tarefas educativas, o que conduciría ó alumno á unha falla total non soio de

iniciativa, se nón tamén de calquer tipo de actividade nas mesmas.

Podemos dicir, en primeiro lugar, que bs profesores non Iles dá igual o que

acontece na aula, xa que existe un interés por parte deles sobre a aprendizaxe do alumno,

pero as súas intervencións son rutinarias (unha variable non é un factor por algo casual,

de xeito maquinal, senón que representa a funcibn da mesma no factor); en segundo lugar,

o profesor intervén de xeito contínuo e directo, controlando e dirixindo a actividade do

alumno; en terceiro lugar, existe como consecuencia do mesmo, véndose nun segundo

factor moi representativo, unha ausencia de intervención por parte do alumno; en cuarto

lugar non aparecen unhas tarefas concretas que identifique o alumno, quedando reducido 0

papel déste a reproducir ou realizar unhas tarefas que aínda que sexan específicas, o

alumno non percibe a súa siñificación; e por último, volvemos a incidir na intervención

do profesor de forma rutinaria, o que dalgún xeito, restrinxe a xa devaluada motivación

do alumno, aspecto éste esencial para que se dé unha aprendizaxe siñificativa e contextual

para o mesmo, realizando o mesmo, as tarefas de forma maquinal e completamente

desorganizadas cognitivamente.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!