14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

educación escolar. Se o ensinante e o alumno teñen dificultais para interactuar entre sí, é

probable que día a día se entable entre eles unha mala relación que influía negativamente

na adquicisión dos contidos por parte do alumno. De ahí que destaquemos a necesidade

dunha análise profunda dos fenómenos educativos e das súas interaccións para poder

elaborar unha teoría completa da educación escolar, e para elo, é necesario introducir

técnicas na escola, no contexto dos probremas prácticos que se Ile prantexan día a día.

Para conseguir dito obxectivo, é necesario coñecer de xeito preciso, o proceso mediante o

cál se leva a cabo a actividade educativa, proceso que vamos a especificar a continuación

no seguinte apartado.

1.3. Ensino e aprendizaxe: duas actividades nun soio proceso.

Na historia contemporánea educativa, a búsqueda de obxectivos xerais que

debe perseguer a educación foi unha constante de estudo por parte de diferentes

responsables e investigadores da actividade pedagóxica, resultado da cál foi a aparición de

diversas formulacións que esconden diferentes prantexamentos teóricos e sociais do que

deben ser os obxectivos educativos. Entre eles podemos observar, como para uns, a

función que debe perseguer a educación, é a de transmitir a ideoloxía da cultura

dominante e un corpo nuclear de coñecementos e habilidades intelectuais que Ile servan ó

individuo para adaptarse á sociedade onde vive; nembargantes para outros, a educación

debe ocuparse ante todo do desenvolvemento óptimo da potencialidade humán para o seu

desenvolvemento cognitivo (AUSUBEL, 1976), pensando que deste xeito, se leva a cabo

unha maior adaptación social conforme o desenvolvemento do individuo vai sendo

progresivo.

Parece obvio que na escola teñen lugar unha serie de experiencias afectivas,

que dalgún xeito posibilitan unha aprendizaxe afectiva, nembargantes esta aprendizaxe é

secundaria para o fin da escolarización, aínda que non deixa de ter a súa importancia, xa

que a mesma posibilita unha millor ou peor adquicisión e aprendizaxe por parte do

individuo; neste senso, NOVAK ( 1982) afirma que ... "con toda seguridade, unha boa

aprendizaxe cognitiva produce unha resposta afectiva positiva"..., o cál resulta de gran

importancia para o establecemento dunha boa actuacibn, xa que unha boa aprendizaxe

cognitiva conleva con ela a consecución duns resultados positivos ó que incide nun bon

desenvolvemento afectivo, e polo tanto na adquicisión dunha serie de experiencias

afectivas positivas no individuo, o cál, incide directamente no bon desenvolvemento do

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!