14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Non obstante, non podemos desilusionarnos a hora de atoparnos con estas

dificultades cando queremos establecer un prantexamento experimental adecuado, e para

solucionar estes inconvintes, ou polo menos intentar remedialos, vamos a remarcar

novamente un mapa (recollendo as informacións previas, tanto deste capítulo como de

capítulos precedentes), que conteña os elementos de análise suficintes para representar

a diversidade de temas, programas e descubrementos que no campo da investigación do

ensino poden estar vinculados entre sí de xeito multidireccional. Os termos fundamentais

da análise, son os participantes primarios (profesor e estudantes) que poden observarse

como individuos ou como membros dunha aula ou escola; neste caso, o ensino está

concebido como unha actividade conxunta que implica a alumnos e profesores, actividade

que conleva a actuación por parte de tódolos protagonistas da mesma.

Agora ben, existen tres determiñantes potenciais do ensino e da aprendizaxe

na aula, que son tres atributos que aparecen no proceso educativo: a) por unha banda, o

que podemos denominar como capacidades ou habilidades das que un individuo é capaz, ou

aquelas características de desenvolvemento que se manifestan nun determiñado momento,

e que son susceptibles de modificación mediante a aprendizaxe; b) as actividades,

actuacións ou manifestacións que se levan a cabo ó longo do desenvolvemento do proceso

educativo (linguaxe falado, accións físicas, etc); e c) os pensamentos, coñecementos ou

prantexamentos que acompañan ás actividades desenvoltas, e que dalgún xeito as

determiñan.

Estas actividades poden ter lugar nunha serie de contextos, que definen en

parte, o medio en que se produce o proceso educativo, contextos tales como: o individual,

de grupo, aula, escola, comunidade, etc. Dentro destes contextos, lévanse a cabo duas

clases de transaccións de actuacións (BARR e DREEBEN, 1983)( *): por unha banda, o

que se denomina como currículum oculto, no aspecto organizativo, de interacción social e

de desenvolvemento na aula; e por outra banda, levanse a cabo as tarefas académicas, a

asignación escolar e o contido da aula (o denominado currículum explícito). Estes dous

tipos de actuación son os que definen a escola e os seus propósitos perseguidos.

Dado que os feitos que queremos investigar ocurren nas aulas e escolas,

(+) BARR,R. e DREEBEN,R. (1983): How schools work. Chicago: University of Chicago

Press.

- 156 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!