14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

No proceso educativo, o profesor e o alumno implícanse asímesmo nunhas

pautas interactivas contínuas, nas que o profesor proporciona, media e axuda nun

contexto determiñado, co obxectivo de que o alumno consiga adquirir e levar a cabo unha

serie de habilidades e tarefas que nun principio non é capaz de realizar por sí soio, e esto

o leva a cabo nun contexto de situacións cada vez máis complexas, é dicir, está accedendo ó

mundo dos símbolos, a linguaxe e a cultura, ó mundo dos humáns.

Estas pautas interactivas supoñen proporcionar ós alumnos un contexto

siñificativo, no que se adecúe o nivel de axuda ó nivel de competencia do alumno, e polo

tanto, fai supoñer a existencia dunha avaliación inicial dos alumnos e unha avaliación

contínua das suas actividades, de cara a conseguir un axuste óptimo de intervención

pedagóxica dirixida cara ó desenvolvemento potencial dos alumnos. O axuste óptimo, no

que se refire a interacción profesor-alumno a través das súas actividades, é necesario

para que poida activarse a zona de desenvolvemento próximo, e polo tanto debe de

construirse laboriosamente na mesma interacción, o que dá lugar a existencia dunha

organización e planificación das mesmas co obxectivo de conseguir de xeito claro e

explícito que o profesor sosteña, medie e andamie os logros que os alumnos vaian

conseguindo a través da súa interacción. ^

6.4.3. A necesidade da análise da interacción profesor-alumno no

prantexamento conxunto do proceso educativo escolar.

É así como nunha análise do proceso de interacción que se dá entre o

profesor e o alumno nunha situación educativa formal, é necesario ter en conta que, por

unha banda, toda interacción prodúcese nun espacio temporal e nunha situación concreta,

e a miúdo ininterpretable se non se ten en conta o siñificado que encerra dentro da

planificación ou organización do proceso educativo, impulsado polo profesor e

concretizado no alumno; unha pauta interactiva non é interpretable se non se ten en conta

a situación na que aparece respecto a outras pautas precedentes (COLL, 1985); é

necesario ter en conta a secuencia de pautas que se dan nun espacio temporal determiñado.

En segundo lugar, o obxectivo que se debe de perseguir no estudo e análise da

interacción profesor-alumno, é identificar e interpretar os mecanismos mediante os

cáles van sucedendose as diferentes interaccións entre as actividades do alumno e as

actividades do profesor, e nas que os alumnos van construíndo o seu coñecemento; no

senso tradicional, o que se fai é poñer en relación ditas interaccións co rendemento do

- 124 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!