14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

aprendizaxe sobre cómo funciona o mundo no ^ que se desenvo/ve... ". Neste senso, as

situacións prácticas, que amplian e profundizan a esfera de acción do suxeto, son as máis

adecuadas para adoptar unha situación de aprendizaxe, e desenvolven moitas vías de

acceso ó seu coñecemento, ó mesmo tempo que posibilitan unha reorganización dos vellos

esquemas mentais do suxeto.

5.5.1. A aprendizaxe escolar, esquemas operatoiros e esquemas de

coñecemento: a interacción do suxeto co obxeto de co^iecemento.

Retomando o que dixemos no apartado anterior, lembremos que dende a

perspectiva constructivista xenética, o coñecemento é sempre relativo ó momento dado no

que se produce o proceso de construcción do mesmo, xurdindo da interacción contínua

entre o suxeto e o obxeto, ou máis ben "...da interacción entre os esquemas de

asimilación e as propiedades do obxeto" (COLL, 1983); o coñecemento, neste senso,

consiste nunha apropiación progresiva do obxeto por parte do suxeto, de tal xeito que a

asimilación do primeiro ás estructuras do segundo é indisociable da acomodación destas ó

obxeto de coñecemento; neste caso, a aprendizaxe escolar non debe ser entendida como un

proceso pasivo de recepción do coñecemento por parte do alumno, senón que ó contrario,

debe consistir nun proceso activo, favorecendo que as interaccións entre o suxeto e o

obxeto sexan múltiples, ou o que é o mesmo, favorecendo e facilitando canto se poida a

actividade por parte do alumno, xa que como vimos anteriormente, dende esta perspectiva

xenética, a aprendizaxe do suxeto é unha actividade autoestructurante que conduce 6

desenvolvemento.

Este proceso de aprendizaxe pode ir dirixido cara o que chama KUHN

(1981) a interpretación "constructivista", e cara a interpretación do "desaxuste

bptimo"; a primeira interpretación, a constructivista consiste en favorecer a actividade

espontánea do suxeto, creando un ambiente rico e estimulante, de xeito que o alumno

poida explorar nese entorno rico, posibilitando a construcción dun coñecemento que, a

súa vez, posibilite o enriquecemento dos factores endóxenos do desenvolvemento; neste

caso, o obxectivo principal deste proceso sería o desenvolvemento operatorio

A segunda interpretación, refírese ós contidos ou coñecementos conceptuais, moi

representativos do ensino escolar, e neste caso enfatiza a interacción como unha das

principais propulsoras na adquicisión do coñecemento, de tal xeito que si nesta

interacción, o obxeto de coñecemento está moi lonxe da comprensión do alumno, non se

producirá desequilibrio algún nos seus esquemas de asimilación, e si polo contrario, o

- 105 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!