14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

esponden a momentos moi concretos do mesmo, momentos que se pretenden optimizar no

proceso educativo, sempre dependendo dos obxectivos deste, e a través da metodoloxía

considerada como máis adecuada para facilitar a construcción dos coñecementos na persoa

ou suxeto humán e con respecto ós destintos contidos que os compoñen.

6.2.2. A concepción constructivista da actividade humán na construccián

do cofiecemento: a guía do profesor.

Concretamente na perspectiva constructivista, o adulto ou profesor

intervén na construcción de coñecemento dos alumnos, pero dun xeito que posibilita os

instrumentos ou os medios para que tendo en conta a actividade dos alumnos, vaia

andamiando o seu coñecemento, e éstes se apropien dél dun xeito activo, siñificativo, en

interacción cos seus iguais, creando, con elo, novos esquemas de coñecemento cada vez

máis estables e equilibrados. Deste xeito, o profesor, por unha banda, ocupa un lugar

secundario no proceso de construcción do coñecemento, xa que é o proprio suxeto quen o

fai como unha actividade autóctona en interacción co obxeto de coñecemento, e por outra

banda, o profesor ten a función importantísima, a de guiar e facilitar esa aprendizaxe,

creando as condicións idóneas ou óptimas para que se produza unha interacción rica entre

o alumno e o obxeto de coñecemento.

Pero, non soio a interacción alumno-obxeto de coñecemento é suficinte para

garantizar a adquicisión dos coñecementos culturais, senón que é necesario ter en conta

que a interacción entre os actores do proceso educativo, profesor e alumnos, é a que

orixina as situacións propicias para que o mesmo alumnos construia ese coñecemento;

esta interacción é realizada sobre uns contidos, nos que van incluídos as respectivas

normas, valores, actitudes, etc, que ten a sociedade, e que os acompañan, contribuíndo 0

que denominamos por desenvolvemento persoal e social do individuo.

6.3. Acción e motivación e a súa influencia na aprendizaxe escolar:

Dende que nacemos, levamos a cabo a nosa actividade no medio en que nos

desenvolvemos, explorando o noso entorno, exploración que se vai facendo cada vez máis

complexa conforme medramos e nos vamos desenvolvendo; este contacto coa realidade

provócanos un desequilibrio e unhas perturbacións que tratamos de compensar e

reequilibrar mediante a nosa actuación sobre esa realidade e cos medios que nos son

- 117 -

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!