14.05.2013 Views

1 - RUC

1 - RUC

1 - RUC

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

perturbador), e reversible (que sexa capaz de compensar as perturbacións que causa o

obxeto no entorno que aparece).

O desenvolvemento prodúcese porque hai sempre un desequilibrio, aínda que

este equilibrio non é estable, xa que se presupón que existe unha tendencia no organismo

á unha maior adaptación ó medio dos obxetos, e polo tanto a unha maior equilibración con

ese medio. Esta tendencia do equilibrio cara unha maior adaptación débese a dous

factores, por unha banda, o que se denomina continuidade funcional, o que entendemos

polo desenvolvemento dos distintos niveis de construcción do coñecemento; e por outra

banda, o que se denomina continuidade estructural, que ven delimitada polos órganos

biolóxicos que permiten esa equilibración coa realidade do mundo dos obxetos. Neste

senso, o equilibrio proporciona a construcción de formas de adaptación cada vez maiores

no desenvolvemento evolutivo (dadas pola maduración do sistema nervioso) que

posibilitan o desenvolvemento cognitivo (resultado da acción do suxeto sobre os obxetos,

e dos contínuos estados de equilibrio entre ambos).

O equilibrio lévase a cabo nun estado de interacción suxeto-mundo dos

obxetos e aínda que non forma parte de nengúnha das duas parte da interacción, á hora de

contar co mundo dos coñecementos, éstes veñen determinados polas accibns que o

individuo realiza sobre ese mundo ^dos obxetos, e é entón cando o equilibrio entra a

formar parte deste funcionamento como factor endógeno do individuo, xa que o resultado

da consecución dese equilibrio depende en gran medida da construcción de estructuras que

o individuo teña, que neste caso, non é como unha balanza de forzas contrarias, senón que

mediante autorregulacións, é dicir, mediante reaccións activas do suxeto ás

perturbacións exteriores dese mundo, perturbacións que poden ser reais ou anticipadas

en diversos grados, o suxeto vai establecendo sucesivos estados de equilibrio, que van

posibilitar a acomodación ó novo obxeto de coñecemento, e polo tanto vai posibilitar a súa

adaptación ó medio.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!